Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

III Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir

A Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir ven de presentar o seu programa de actividades para o vindeiro mes de Nadal. A máis destacada será o III Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir, que se desenvolverá o día 20 de Decembro, as 19:00 h no Polideportivo de O Picouto contando con grupos de toda Galicia e algún de Portugal.

Este programa seguirá o Sábado día 27, cun obradoiro de Xogos Bailados, dirixido a xente de todas as idades. A cita será as 17:00 h no local de Rebulir situado na Praza de San Andrés – Vilavidal.

Continuando co mesmo o Sábado 3 de Xaneiro teremos a Inauguración da Exposición “Os tempos de antes. Fotografías Antigas do Concello de Ramirás” no Centro Sociocultural de O Picouto, este acto comezará as 18:00h.

Seguindo a Ideoloxía da Asociación, ningún dos actos suporá custe algún para os asistentes, xa que a finalidade é facer extensible a cultura a todo o mundo, sen ter que pagar por acceder a mesma.

A continuación exponse un cadro resumo co calendario destas actividades:

· - Sábado, Día 20 de Decembro –

III Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir, as 19:00 h no Polideportivo de O Picouto, con grupos de Galicia e Portugal.

· - Sábado, Día 27 de Decembro –
Obradoiro de Xogos Bailados no Local de Rebulir, as 17:00 h

· - Sábado, Día 3 de Xaneiro –
Inauguración da Exposición “Os tempos de antes. Fotografías Antigas do Concello de Ramirás”. As 18:00 h no Centro Sociocultural de O Picouto.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-12-2008 14:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer