Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festival Són da lúa Meiga (Soutomaior)

Tentando que a música tradicional, o folk e a música en galego feita en Galicia non sexa un fenómeno cultural estacional ligado ós festivais de verán, e buscando que a música galega forme parte dos momentos de esparcemento de todos os estamentos sociais, celebramos o “Son da Lúa Meiga” . Como se pode observar é unha continuación do Festival da Noite da Lúa Meiga celebrada no Viso (Concello de Redondela), donde se pretende potenciar a novos talentos da música galega, principalmente no eido tradicional e folk. Contarase con grupos noveis da comarca e da provincia facilitándolles así un escaparate para amosar as súas pezas e as súas interpretacións musicais. Favorecerase tamén que os artistas conflúan nas súas actuacións facendo un final de festa donde colaboren de xeito improvisado dando renda solta á súa creatividade e facendo que os presentes tamén poidan participar subindo ó escenario.

Son da Lúa Meiga é tamén unha xuntanza da xente que vive e enreda no seu tempo de lecer coa música tradicional galega, buscando unha noite donde predomine a festa, donde grandes e pequenos poidan xuntarse a botarlle unhas muiñeiras ou uns agarrados, donde todos nos identifiquemos coa nosa música tradicional en galego.

Festival Son da Lúa Meiga

Sábado 20 de Decembro a partir das 21:30h na Casa do Pobo do Val-Sobral (Soutomaior).

Como non, estades todos convidados e seguro que valerá a pena acercarse pois esperamos montar unha boa Festa Rachada.

Actuarán:

- TRES ESTRALOS
- TANTO NOS TEN
- REGUEIFEIROS TRIOLIRO


Despois, todos aqueles que queiran tocar poderán facer toda a festa que queiran.

www.noitedaluameiga.org
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 19-12-2008 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer