Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Serán de Sobradelo (Vilagarcía)
Sobradelo recupera e transmite o patrimonio cultural galego coa celebración do “Serán’08”

O serán 08 converterá a Sobradelo no epicentro da cultura popular galega o vindeiro sábado, 15 de novembro.

Aparte de ofrecer un espazo de diversión, este evento lúdico, cultural, musical e gastronómico, ten coma obxectivo recuperar a práctica destas xuntanzas tradicionais nas que se transmitía o folclore e as costumes de cada zona de xeración en xeración.

Seguindo a costume tradicional, o Serán de Sobradelo reunirá a nenos, mozos, adultos e persoas maiores para compartir unhas horas de diversión como se facía antes e co obxectivo de que os máis novos teñan a oportunidade de aprender cancións, lendas, bailes e técnicas instrumentais pero todo, baixo o denominador común da diversión.

Os organizadores deste evento son os membros da Asociación Cultural “Nós” de Sobradelo, colectivo que conta cona colaboración da Concellería de que facilita parte da infraestrutura precisa para a promoción e desenvolvemento do acto.

O Serán comezará ás 22:00 horas e desenvolverase no campo da festa, onde se instalará unha gran carpa dotada con canóns de calor. Como se facía antigamente, despois das xornadas de labranza, desfolladas e outras actividades que antigamente se facían de forma comunitaria, os veciños asistirán ao serán para compartir unha noite de diversión cantando, bailando e tocando. Ao Serán de Sobradelo acudirán colectivos de diferentes puntos de Galicia, xa que a organización pretende que nel se poidan ver os distintos xeitos de bailar, tocar pandeiretas, pandeiros e gaita e mesmo de cantar temas da tradición popular. Os maiores xogarán un papel destacado lembrando os seráns do seu tempo, as costumes, xeitos de tocar instrumentos musicais, relatando lendas e demais; polo que o serán, a parte do carácter festivo e cultural,adquire tamén unha compoñente de relación interxeracional.

E como a gastronomía ten unha parte importante na cultura galega, a organización repartirá entre os asistentes viandas típicas como mexillóns ao vapor con cachelos, empanada, licor café e, xa de madrugada e para manter as forzas despois de tanta festa, haberá chocolate quente con rosca e churros.

Tanto os representantes da Asociación Cultural “Nós”, como o concelleiro de Cultura, Xosé Castro Ratón, fixeron un chamamento a todos os veciños do municipio e tamén ós da bisbarra do Salnés para que acudan o Serán’08 de Sobradelo. O presidente do colectivo “Nós”, Xurxo Santos, comentou que o ano pasado participaron neste evento unhas 1.800 persoas, cunha media constante no interior da carpa dunhas 500. A previsión desta nova edición é a de superar as cifras de 2007.

Pola súa banda, Castro Ratón, salientou a importancia do “Serán” de Sobradelo, un dos máis multitudinarios dos que se celebran nestes intres en Galicia, e agradeceu á Asociación “Nós” que teñan recuperado esta importante tradición galega, esencial para o mantemento e transmisión do noso patrimonio cultural.

www.ivilagarcia.com
Comentarios (6) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 14-11-2008 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Josiño, parabéns por argallar este serán...

Para o vindeiro ano contade connosco. Des#blgtk08#ta volta non vai poder ser, tocamos en Bergondo... Mágoa a que nos dá...

Unha aperta
Comentario por Davide (15-11-2008 01:18)
2 #blgtk08#
Comentario por (01-03-2010 00:37)
3 #blgtk08#
Comentario por (16-04-2010 22:30)
4 #blgtk08#
Comentario por jacobo fonseca (07-05-2010 19:46)
5 #blgtk08#
Comentario por valentia (27-06-2010 23:24)
6 #blgtk08#
Comentario por wwww.juegos.com/ (11-09-2010 03:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer