Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Contos clásicos musicados e en galego

A Real Filharmonía pon música a tres contos clásicos reescritos por Neira Cruz

A Real Filharmonía de Galicia colabora coa Editorial Galaxia na preparación da edición de tres contos clásicos reescritos por Xosé Antón Neira Cruz e acompañados pola música da orquestra dirixida por Maximino Zumalave.


Os tres contos irán acompañados por ilustracións de Rodrigo Chao, Federico Fernández e Enjamio, respectivamente, e pola música clásica interpretada pola Filharmonía. Os libros editaranse en formato álbum, acompañados dun CD, e estarán á venda o vindeiro mes de novembro. Este traballo enmárcase no proxecto 'Musicontos' da Editorial Galaxia e no que participa o Consorcio de Santiago.

A gravación en directo da música que acompañará a versión galega da 'Cinsenta', titulada 'O prodixio dos zapatos de cristal', coincide co primeiro concerto didáctico desta tempada, ao que asistirán escolares.

A orquestra gravará a Abertura e varias pasaxes orquestrais de 'La Cenerentola', obra composta por Rossini sobre o conto de Perrault. A gravación, en vivo, contará coa voz da soprano Amil e a narración da cantante e actriz de dobraxe Teresa Santamaría. Os concertos didácticos celebraranse este mércores e o xoves ás 11 da mañá.

'O prodixio dos zapatos de cristal' conta a historia dunha rapaza en paro que quere ser cantante e atopa traballo nunha zapatería onde se garda un curioso zapatiño de cristal.

Clásicos actualizados
Do mesmo xeito, Neira Cruz adaptará outros dous clásicos para Galaxia, trasladándoos ao mundo actual e cotián. 'O debut de Martiño Porconi. O que foi dos tres porquiños e o lobo', baseado no conto de 'Os tres porquiños', narrará as lembranzas do tenor Martiño Porconi previas a un concerto, relacionadas cos seus avatares co lobo.

Por último, en 'Un bico de amor e vida', fai unha relectura da historia da sereíña, ao tempo que se reflexiona sobre a traxedia do Prestige.

www.galiciae.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-10-2008 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer