Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O son galego exportase ao Womex
Galicia descobre a súa música desde hoxe na maior feira internacional de música de raíz

Na noite do sábado 31, Xosé Manuel Budiño, Narf e Mutenrohi serán os protagonistas nos escenarios do Womex nun programa que se denominou "Galician Focus Night". Os tres farán historia xa que na traxectoria da feira "nunca antes actuara un artista galego", explicaba onte Sergio Lago, do selo coruñés Falcatruada.

Esta edición será a terceira para a compañía galega -representante de Budiño e_Narf- que, desde o ano 2006, leva acudindo a case todas as feiras importantes para profesionais en Europa como a Midem en Cannes ou a Popkomm en Berlín.
Quen tamén repite por terceira ocasión é o selo Ouvirmos. A firma lucense abanderará por segundo ano consecutivo aos vigueses Crema de Gaita que o pasado mes de agosto telonearon en Castrelos a Emir Kusturica.

Coñecer que se coce fóra
O responsable da compañía, Xosé Manuel Aldea, explicaba onte que dous son os motivos fundamentais que lles moven á cita: promocionar os seus artistas e aprender novos modos de gestionar o patrimonio musical.
"Nós acudimos para ver que propostas están en auxe no mundo e incorporar ideas, materiais e formatos ao noso catálogo. O Womex é un viveiro de ideas e proxectos que axuda a proxectar exteriormente a música galega", sinala Aldea. Os contactos poden culminar en cada edición en xiras dos grupos polo estranxeiro como os concertos de Crema de Gaita en Portugal ou os de GalegoZ en Cataluña.

Malia os beneficios de estar presente nesta feira, poucas compañías galegas acudiran a Womex nos últimos anos (a razón de tres ou catro por edición). Para este 2008, un total de 17 estarán presentes nun stand de Galician Tunes, da Consellería de Cultura. Entre as primerizas, PAI Música que chegará con entrevistas concertadas con empresas de Francia, Estados Unidos e Irlanda. "Son promotoras de festivais e outros selos cos que se poderán intercambiar ideas e producións", detacou Xusto Molejón de PAI que presentará o primeiro disco de Roi Casal de Milladoiro así como o das pandereteiras Tanxedoras; ou os álbumes de Lamatumbá, Ruxe-Ruxe, Malvela, Treixadura, Os Carunchos ou as caboverdianas Batuko Tabanka, entre outros.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-10-2008 10:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer