Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Orquestra Olympus a por un novo 24 horas
A orquestra Olympus, unha das máis reputadas do axitado calendario de festas de Galicia, ultima os detalles dun gran evento sen precedentes de máis de 24 horas de duración que arrincará ás doce da noite do venres 31 de outubro en Negreira, seguindo o ronsel da marca Guinness logrado o pasado ano tras actuar un día enteiro sen descanso.

O espectáculo, que leva por título Un millón de festas, contará coa presenza de grupos icona da movida dos oitenta, como Nacha Pop ou A Unión, quen actuarán no tramo final do concerto, ou o dúo vigués Cómplices, formado por Teo Cardalda e María Monsonís, que serán dos primeiros en subirse ao escenario en Negreira.

A orquestra quere renderlle homenaxe á festa en Galicia coa colaboración dalgúns dos seus propulsores, como é o caso dos cantantes Sito Mariño, Miguel Torres, Manolito O Pescador, Sabela ou Pili Pampín, na tarde do sábado, ao ritmo dunha gran sesión vermú. Antes, na madrugada, soarán os ritmos máis cañeros con Toñito de Poi e Rasa Loba, Astarot ou o grupo Hit. Tampouco faltará unha sesión discoteca con Dj Sonic (primeiro disco dance en galego) e Dj Xila. Polo escenario de Olympus pasarán novo talentos da canción, como a ex concursante de Operación Triunfo Eva Carrera ou Rocío Caamaño, xunto ao showman e imitador Alberto Cunha.
Para Antonio Arjones, coñecido por Peke, principal promotor do evento, todos os artistas invitados que actuarán con Olympus representan tres cousas: «Partir de onde todos nós partimos: da festa, como é o caso de Sito Mariño, Sabela ou Manolito O Pescador. Doutra banda, os temas da Unión, Nacha Pop ou Cómplices son auténticos himnos do mundo da música e, por conseguinte, da festa. E gustaríanos que todas as novo promesas poidan gozar do esforzo que realizaron no mundo da música», asegura Peke.

Paralelamente, os organizadores pretenden axudar ás comisións de festas cun sorteo de tres premios en metálico coa recadación do millón de boletos postos á venda a un prezo dun euro, e repartidos entre unhas 800 comisións de toda Galicia. A cada hora sortearanse viaxes a Canarias e Mallorca, estancias nun balneario, e instrumentos como unha guitarra, un violín ou un saxo doados polos músicos da orquestra.

A Dirección Xeral de Interior, adscrita á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, autorizou a ampliación do horario de peche para os negocios de hostalería de Negreira durante o macroconcerto da orquestra Olympus o próximo 1 de novembro. Cafeterías, bares, restaurantes, hamburgueserías e pubs, incluídos na listaxe adxunta á solicitude cursada polo Concello, terán un horario especial de apertura desde as 23 horas do día 31 de outubro ata as 00.00 horas do día 2 de novembro. Tal autorización non implica modificación algunha na actividade para a que están autorizados devanditos locais.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-10-2008 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer