Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Primeira longametraxe arqueolóxica de Galiza
'O Neixón: historia viva dun castro' documenta o proceso de escavación e investigación dos depósitos arqueolóxicos dos castros de Neixón (en Cespón, Boiro), amais da relación entre a poboación da parroquia co recinto arqueolóxico.

O documental, producido polo Laboratorio de Patrimonio do CSIC, foi presentado o pasado venres ás 20.00 no Salón de Actos do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (Hospital de San Roque) en Compostela. Cunha duración de 112 minutos, está dirixido por Lukas Santiago, quen tamén se encargou do guión e da produción xunto cos arqueólogos Xurxo Ayán e Leonardo González. A banda sonora é obra do grupo de folk do Bierzo Aira da Pedra.

A longa mostra a evolución histórica dos castros de Neixón, un espazo que se converteu co paso do tempo "nunha complexa paisaxe cultural", dende a construción do poboado fortificado do Castro Pequeno nos séculos VIII-VII a.C. Tamén as persoas que habitan a parroquia de Crespón participan como "testemuñas directas".

A zona é obxecto de estudo arquelóxico, por parte dun equipo do CSIC dirixido por Xurxo Ayán, dende o 2003. Segundo explicou Leonardo González, guionista do proxecto, o traballo é "innovador" ao combinar "dous tipos de discurso": o científico, representado polos arqueólogos, e o da "xente que vive na parroquia, que se basea na memoria, na tradición e nas propias vivencias, igualmente lexítimo".

O audiovisual, ferramenta divulgativa

Segundo o director, Lukas Santiago, "o audiovisual está chamado a converterse na ferramenta máis importante de divulgación da arqueoloxía". Esta longametraxe é a primeira que se produce en Galiza sobre temas de arqueoloxía, e o seu directora afirma que será moi útil para a divulgación da arqueoloxía entre o público en xeral pero tamén "como ferramenta didáctica en colexios e institutos e mesmo en facultades de Historia".

O documental supuxo 20 días de rodaxe, e foi xa representado para os seus e as súas protagonistas da parroquia de Crespón o día 16 de xullo, día da Virxe do Carme. Foi recoñecido no World Archaeological Congress de Dublín ou o Congreso Internacional de Arqueoloxía Clásica de Roma o pasado mes de setembro. Así mesmo, está seleccionado para a fase final do VII Festival Internacional de Cinema Arqueolóxico de Bidasoa, en novembro, e para o Kineon Festival International du Film Archéologique de Bruxelas, que terá lugar no 2009.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-10-2008 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer