Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XVII Premio Iar de Folclore Galego

O vindeiro 22 de Novembro do 2008 terá lugar no Teatro Rosalía Castro o Festival Folclórico no que será entregado o PREMIO “IAR” DE FOLCLORE GALEGO correspondente a súa XVII edición.

Adxuntamos as bases que rexerán a XVII EDICIÓN DO PREMIO “IAR” DE FOLCLORE GALEGO no caso de estar interesados en participar no mesmo, ou ben propor candidaturas, o prazo atópase aberto ata o día 14 de Novembro do 2008.

As candidaturas deberán remitilas a :

XURADO PREMIO “IAR” DE FOLCLORE GALEGO
R /CERCA, 30 BAIXO, 15009-A CORUÑA
iargrupo@hotmail.com

O fallo do xurado emitirase o vindeiro 15 de Novembro e a entrega do Premio terá lugar durante o FESTIVAL.

Para rematar queremos animarvos a todos a que propoñades candidaturas para o Premio “IAR” e a que veñades o FESTIVAL.

PREMIO “IAR” DO FOLCLORE GALEGO

O Premio “IAR” de Folclore Galego nace no ano 1992, coa vontade de dar un recoñecemento público non crematístico, e coa finalidade de premiar cada ano a persoa física ou xurídica, grupo, asociación, entidade ou institución, á que se lle teña recoñecido o seu labor neste campo, durante a súa traxectoria, ou a que máis destacara durante o ano anterior no seu traballo polo folclore deste país.

Con posterioridade, acordouse valorar o desenvolvemento dunha traxectoria prolongada de traballo no folclore galego e no somentes ao labor no último ano.

As bases polas que se rexeu dende o inicio ata o día de hoxe a concesión anual do Premio “IAR” son as seguintes:


1. Poderá concorrer á obtención do Premio “IAR” toda persoa física ou xurídica, agrupación, asociación, entidade ou institución radicada en calquera parte do mundo, adicada á potenciación e fomento do folclore galego, nos eidos da investigación, música, baile, canto e vestiario; podendose outorgar incluso a título póstumo, segundo a valoración do xurado.

2. As candidaturas poderán presentarse diretamente ou a través de terceiras persoas que poidan propoñelas.

3. O prazo de presentación de candidaturas para o Premio “IAR” estará aberto dende o 25 de setembro ata o 14 de novembro do 2008, e nesta decimosetima edición valorarase o labor realizado ata o ano 2007, en calquera das facetas relacionadas co folclore galego.

4. As candidaturas deberán ir acompañadas dun “currículo” do/a candidato/a e unha memoria dos traballos realizados ata o ano anterior.

5. As candidaturas deberán remitirse por correo ao Grupo de Bailes Populares “IAR”, sito en Rúa da Cerca 30-baixo, 15009 A Coruña, no correo electronico iargrupo@hotmail.com , ao coidado do Xurado Premio “IAR”

6. O Premio “IAR” será outorgado por un xurado composto por tres persoas destacados do folclore galego, nomeadas pola Directiva do Grupo de Bailes Populares “IAR”, e o/a Presidente/a do Grupo de Bailes Populares “IAR”, que actuará como Secretario/a, con voz e sen voto. Nengún membro do xurado poderá ter relación directa con ningunha das candidaturas presentadas.

7. Non poderá presentarse o/a gañador/a dun Premio “IAR” anterior.

8. O xurado poderá declarar deserto o Premio, se non atopa méritos suficientes nas candidaturas presentadas.

9. O Premio “IAR” 2008 fallarase antes da celebración de XVII edición do Festival de Premio “IAR” de Folclore Galego, que terá lugar no Teatro Rosalía Castro, o día 22 de Novembro de 2008.


Servando López González
Pte. da Sección de Folclore da A.VV. Castrillón- Urbanización Soto “IAR”
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 03-11-2008 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer