Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

I Mostra do Traxe Galego e Música Tradicional (Melide)
A concellería de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Melide, comprometida coa necesidade de recuperar a identidade propia do noso concello, está organizando a I Mostra do Traxe e Música Tradicional que terá lugar o 29, 30 e 31 de agosto de 2008.

O obxectivo primeiro desta mostra é exaltar e conservar unha parte importantísima da nosa riqueza cultural, como unha ferramenta de coñecemento do noso pasado e como un mecanismo de participación e comunicación entre particulares, asociacións e toda a poboación melidense en xeral.

Programa da Mostra

Venres 29 de agosto

12.00 h -Inauguración da Mostra cos Regueifeiros de Galicia (Luis O Caruncho e Benito Lobariñas)
12.00 h: Obradoiro de BOTÓNS DE FÍO para maiores de 12 anos.
17.00 h.- Pasarrúas da REQUINTA DE XIÁN
Praza do Convento
19.30 h.- Actuación da REQUINTA DE XIÁN
Cantón de San Roque.

23.00 h.- Actuación de LEILÍA TRADICIONAL
Cantón de San Roque.

Sábado 30 de agosto

11.30 h.- Obradoiro de PASAMANERÍA para maiores de 12 anos.
Praza do Convento

12.00 h: Pasarrúas con OS MELIDAOS.
13.00 h - Conferencia "O Traxe tradicional galego" por CLODIO GONZÁLEZ PÉREZ.
Praza do Convento

17.00 h: Pasarrúas con "OS SANTIAGUIÑOS" de Boimorto.
18.00 h : Pasarrúas co grupo AXÓUXERE
18.00 h - "Xogos cantados e bailados" con LUIS PREGO
Praza do Convento.

20.00 h.- Actuación e desfile de traxes do grupo BRINCADEIRA
Cantón de San Roque

23.00 h.- Actuación musical co grupo PE DE BOI
Cantón de San Roque.

Domingo 31 de agosto

11.30 h: Obradoiro de COLARES para maiores de 12 anos.
12.00 h: Pasarrúas cos gaiteiros FROITO NOVO
Praza do Convento

12.30 h: "Xogando cos nosos instrumentos" por Lola Fernández.
Praza do Convento

17.00 h: Pasarrúas co grupo de música e baile tradicional "A MARISTELA" de Sobrado.
17.30 h: Concerto didáctico con PABLO DÍAZ e OLGA KIRK (Grupo Ruote)
Praza do Convento

18.00 h: Pasarrúas coa agrupación musical "BUXAINA" de Palas de Rei.
19.00 h: Conferencia e actuación de zanfoña.
Capela de Santo Antón

20.30 h: Actuación de música e baile tradicional co grupo ENTRECAIXAS
Cantón de San Roque

22.00 h: Actuación de baile e música tradicional co grupo CANTIGAS E AGARIMOS.
Explanada do Edificio Multiusos.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-08-2008 10:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0