Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

I Festa Internacional da Rede Europea De Orquestras Folk
Venres 29 de agosto ás 21:30 na TVG

Emisión pola TVG da 1ª Festa Internacional da Rede Europea De Orquestras Folk, que tivo lugar no Parque de Castrelos de Vigo o 6 e 7 de agosto de 2008.

Orquestras participantes:
- Transpiradansa (Belxica)
- Gabú (Guinea Bisau)
- An Avel (Bretaña)
- Sondeseu (Galiza)


Modificación da programación:

A partir das 22.00 "Especial Alalá":
Os mellores momentos e as actuacións máis significativas do programa que presenta Pilar García Rego.

Ás 22.55 horas, a TVG ofrece a "I Festa Internacional da Rede Europea de Orquestras Folk", integrada por formacións de Bretaña, Bélxica, Finlandia, Escocia, Italia, Francia e Galicia, que ten por obxectivo desenvolver actividades de formación e intercambio entre as distintas orquestras, desde Vigo, sede permanente desta iniciativa cultural

Como actuación destacada deste primeiro encontro, a canle autonómica galega emitirá desde Castrelos o concerto da primeira orquestra folk nacida en Galicia, SondeSeu. Creada a partir dunha experiencia do Conservatorio de Música Tradicional da cidade olí­vica, son máis de corenta os músicos que integran esta orquestra viguesa, que exerce unha gran responsabilidade con respecto á cultura galega. Na súa música combínanse instrumentos como zanfonas, arpas, gaitas e violíns, entre outros, para acompañar tanto temas tradicionais coma composicións orixinais da formación.

A partir da 01:15 "Especial Ponte nas Ondas" (Encontro de patrimonio Inmaterial Galego-Portugués)

Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 29-08-2008 00:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Coma sempre orixinal a proposta de SonDeSeu, moi vistosa a colaboración dos bailaríns de O Fiadeiro, e resultona a participación dos mestres. Pero, tal vez se están a deixar o aspecto máis importante: o musical. Mi madriña, ben podían afinar #blgtk08#antes de subir ao escenario.

Polo demáis, ben pobre a mostra que ofreceu a Tvg do resto das Orquestras europeas; non sería máis interesante que puxeran cinco pezas de cada grupo,e non o concerto enteiro de SonDeSeu?? En fin...
Comentario por Dóminecabra (31-08-2008 04:35)
2 Ben, antes de nada, quería darlle os parabéns a malmequer por dar a nova desta retransmisión na tvg, pois eu estiven vendo as catro orquestras e tiña ganas de velas de novo no televisor, especialmente a de Son de Seu, que me pareceu a millor d#blgtk08#as catro. A de Bruxelas tamén me gustou moito.

E outra cousa, Dóminecabra, eu supoño (e espero) que retransmitirán o resto dos concertos outros días, anque da tvg pouco se pode esperar, se cadra poñen o de sondeseu e nada máis.
Comentario por quique (31-08-2008 14:18)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0