Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Castelo de Pambre, outra fortaleza BIC que esmorece entre fendas
As siglas BIC non son exclusivas do Pazo coruñés de Meirás. Este domingo 17 de agosto celebrouse a V edición da Marcha Irmandinha coa reivindicación da apertura do Castelo de Pambre para o público e coincidindo coa 1ª Festa do Patrimonio. A marcha discorreu dende Palas de Rei (capitalidade do concello) até o castelo en Pambre. Veciños e asociacións da comarca xunto coa asociación ecoloxista ADEGA reclamaron a tutela pública deste BIC, para que non esmoreza fronte á desidia dos seus propietarios.

Segundo informa este colectivo na súa páxina web, o castelo está situado nun escarpado rochedo na gorxa do río Pambre, e ten do outro lado o castro de Remonde. Este monumento do século XIV é un dos poucos castelos que os irmandinhos deixaran en pé despois da revolta da ?Fusquenlla?. Mais na actualidade, permanece pechado todos os días do ano e o seu estado é ?bastante calamitoso?, denuncian. Ademais, e despois da visita deste domingo, os manifestantes constataron a aparición de ?perigosas fendas que poden pór en perigo a fortaleza?.

A Plataforma Social pola Defensa do Alto Ulla ven organizando dende hai 5 anos esta marcha reinvindicativa, en colaboración con ADEGA, coa finalidade de incorporar o castelo á sociedade por ser este unha das iconas de promoción da comarca da Ulloa e de Galiza. ?O obxectivo?, din, ?sería recuperar o castelo para diferentes usos, como encontros, conferencias, cursos de verán, aulas da natureza, etc. que poñan en valor todo o riquísimo patrimonio da Ulloa?.

www.GZnacion.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-08-2008 20:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0