Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Galiza será a invitada de honra no vindeiro Festival Intercéltico de Lorient

Galiza será convidada de honra na vindeira edición do Festival Intercéltico de Lorient, polo que contará cun espazo privilexiado nesta cita ineludíbel para os amantes da música folk e da cultura celta á que asisten cada ano milleiros de persoas. Delegacións de Gales, Irlanda, Escocia, Acadia, Bretaña, Asturias e Galicia, así como Canadá e Australia como países convidados, acoden esta semana á 38 edición do festival, que se celebra na cidade bretona entre o 1 e o 10 de agosto.

Nesta edición participaron en representación da música celta galega grupos como Quempallou ou Mutenrohi, que rexistraron unha gran acollida nos seus concertos. Tamén actuaron nesta edicións outras agrupacións como Celtas Cortos, os míticos Moving Hearts ou Loreena MacKennitt. Por outra banda, o gaiteiro galego Pablo Devigo erixiuse como gañador do concurso de gaitas que se celebrou o domingo, como todos os anos.

O stand xestionado pola Dirección Xeral de Turismo recibiu nestes primeiros días milleiros de visitantes atraídos pola información sobre o país e oplas actuacións de grupos galegos. A Consellaría de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Turismo, xestiona o stand de Galiza que se instalou esta semana na cidade bretona de Lorient con motivo da 38 edición do seu festival intercéltico. O recinto galego contén unha parte dedicada ao Obradoiro de Gaitas Seivane no que os visitantes poden admirar as características da gaita galega e aprender os detalles da súa fabricación e utilización.

Galiza tamén ten en Lorient unha representación da súa gastronomía a través dun restaurante no que os asistentes ao festival poden degustar polbo á feira, licor café ou torta de Santiago por módicos prezos, motivo polo que xa se converteu nun dos favoritos dentro do recinto.

Varios grupos de intérpretes de música tradicional manteñen a animación no stand, onde tamén actúan ao caer a tardiña grupos de danza tradicional que amosan aos paseantes a cultura popular galega.

www.gznacion.com


Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 12-08-2008 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 OLA a todos.Este ano fun a Lorient e quero facer 1 crítica sobre stand de Galicia.Mentras os outros stands tiñan 1 escenario amplio ,e zona de bailar ,o de Galicia tiña 1 burato na parede para subirse ,onde collían cinco músicos con sorte.
Ë de admirar o stand de A#blgtk08#sturias,de feito moitos Galegos era no stand no que estábamos,nese e no de Bretaña.
O stand de Galicia amosaba ser 1 stand elitista.E si prezos económicos ..estaba casi todo a 5 euros,pero había que ver as racións de polbo....o que se di abundantes non eran moito....
Comentario por EU (15-08-2008 16:04)
2 Estou de acordo co tema do escenario que era pequeno e que non habia sitio pra bailar, peor o stand non era para eso senon para dar unha certa imaxe da Galiza que creo que se conseguiu. En canto a carpa de Ast#blgtk08#urias, eu on vou decir cal era mellor nin cal era peor, simplemente cada unha ocupaba o lugar que quería. En canto os prezos, non creo que variaran moito comparado con calquer festa de aquí, donde pasa o mesmo
Comentario por eu tamen estiven ali (20-08-2008 17:29)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0