Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Emilio Cao regresa os escenarios
O cantautor galego Emilio Cao regresará aos escenarios cunha actuación o vindeiro día 23 na Igrexa de Santa María do Camiño, en Santiago de Compostela, dentro das actuacións organizadas no Festival dos Abrazos. O músico regresa cun novo disco (será o sexto) e un espectáculo pensado para remover emocións.

Co mar no meu peto é o título do concerto que Emilio Cao volverá á música ao vivo o día 23 na súa cidade natal. A igrexa de Santa María do Camiño será o escenario onde a arpa e a voz do músico navegarán por novos temas e algunhas pezas do seu extenso repertorio.

Cao recuperou a arpa diatónica na música folk galega dos anos setenta e oitenta. Aprendeu a tocar este instrumento de forma autodidáctica ?por casualidade?, segundo as súas propias palabras. Sempre recoñeceu que lle interesa moito a música folk, pero as súas raíces están tamén no pop e o rock dos sesenta.

O cantautor, que lle puxo música a poemas de Rosalía e Manuel Antonio, de Uxío Novoneyra ou Suso de Toro, regresa agora ?co mar no seu peto? despois de varios anos afastado dos concertos. Nuns meses ten comprometido sacar o seu sexto disco. Mentres, un aperitivo de corenta minutos nun escenario íntimo acorde coa súa ?personalísima música?.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-08-2008 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0