Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Manecas Costa, o galego que veu da Ginea Bissau |
|
Saíu do seu país quince días antes do estourido da guerra civil. ?Perdín familia, amigos, pasei fame e fun un imigrante ilegal?. Hoxe é un dos artistas máis valorados dentro e fóra do mundo lusófono. En Galiza, despois do éxito de ?Humor Neghro? con Carlos Blanco, continúa co proxecto ?Aló irmao? a carón de Fran Pérez, Narf, un tándem de luxo que o vindeiro mércores tocará en Maputo, Mozambique. ?Uxía ten a culpa toda de que eu estea aquí?, confesa, ?e na Galiza síntome como na miña casa. Até facedes o caldo con unto, coma nós?
Manecas Costa (Cacheu, Guinea Bissau, 1967) saíu do seu país quince días antes do estourido da guerra civil. ?Tiven sorte, porque morreu moita xente inocente. Perdín familia, amigos. Cando un país é pobre, se o danas, non tes logo como o construír?. A expectativa de vida do millón e medio de habitantes de Guinea-Bissau é de apenas 44 anos para os homes e 47 para as mulleres. Na antiga e pequena colonia portuguesa, entre Senegal e Guinea, dous enclaves de influencia francesa, ?hai un chan moi fértil no que pode crecer de todo o que lle botes porque chove durante seis meses, pero temos moitas carencias. Problemas de golpes de estado, de condicións sanitarias, de educación... Aínda que debo dicir que agora a situación comeza a mellorar?.
Guitarrista, baixista, posuidor dunha voz carismática e sensual, autor das súas propias composicións nas que denunciaba non só a situación do seu pobo, senón tamén os problemas dos menos afortunados, como as mulleres e os nenos, estableceu a súa morada en Lisboa, desde onde comezou a construír a súa ponte con Galiza. A súa forma melódica e virtuosa de tocar a guitarra gañoulle a fama dun dos máis destacados músicos de África e a súa proxección internacional viuse auspiciada polo Festival Decouverte de Radio France International, creado para promocionar os novos talentos de África, o Caribe e o Pacífico. Foi este éxito o que lle permitiu desenvolver unha afortunada carreira como produtor e arranxista, ademais de como compositor e intérprete, agora en estreita colaboración con músicos e artistas galegos como Uxía, Carlos Blanco ou Fran Pérez, Narf. Con este último estará o vindeiro mércores 16 de agosto no Teatro Avenida de Maputo, Mozambique co proxecto Alô Irmão. ?Para min estar en Galiza é estar na casa. Alén da lingua, ten moitas outras cousas en común coa Guinea no xeito de vivir?.
?Despois duma legião de ex mulatos?
?Já fui mulato, eu sou uma legião de ex mulatos. Quero ser negro 100 %?.
Isto que sae da boca do Herói de Caetano Veloso podería se pousar tamén nunha corda da guitarra de Manecas. Metonimia de pretos emigrados da terra de negros (iso significa, por certo, Guinea), do continente africano, primeiro escravos e agora repudiados súbditos do soño europeo. Os versos agárranse como faca que se leva no peto do pantalón. A escravitude que, látego mediante, conformou as oligarquías de Brasil, o Caribe e outras e que en Europa produciu santos homes da democracia como Montesquieu, aquel da división de poderes, quen dos negros escribiu: ?É imposíbel supor que esas xentes sexan homes? (O espírito das leis, 1748), factura unha débeda cos pobos africanos.
Pero os negros non son xudeus e a factura acaba traspapelada nunha oficina de correos fantasma onde é usada como papel hixiénico.
Maneiras de matar o cadáver do pai
A Unión Europea dorme mal porque ceou demasiado e teme que lle aconteza o que a toda vella xeración, que o seu fillo colonial argalle ?Matar o pai?. Isa é a propaganda, a palabra, e até o credo. Mais, neste relato que comunmente chamamos Historia da humanidade, existen varias versións sobre a paternidade.
Un dos últimos estudos a cerca da orixe do ser humano probou, mediante a combinación de probas xenéticas e medidas de preto de 6.000 cranios recollidos por todo o mundo, que África é o berce da nosa especie. Esta investigación foi levada a cabo polo Departamento de Investigacións Científicas da Universidade de Cambridge e publicouse no número de xullo de 2007 da revista Nature.
O estudo demostra a teoría de que o ser humano apareceu nun punto do África subsahariana desde o que emigrou polo planeta á vez que evolucionou de ?homo erectus? a ?homo sapiens?. A investigación probouse xeneticamente comprobando que canto máis afastada se atopaba unha poboación de África, menor é a súa variación xenética, e pola contra, a maior proximidade do continente, a variedade xenética aumenta considerablemente.
A proba desmantela xa por completo o resto de teorías que defendían a orixe do ser humano en diferentes puntos da Terra. A doutora Andrea Manica, coordinadora do proxecto do Departamento de Zooloxía da Universidade, afirmaba no texto que a pesar de que hai quen intentou utilizar as medidas dos cranios como argumento para defender a multiorixinalidade do ser humano en diversos lugares do mundo, ?as nosas probas cos cranios, combinadas coas investigacións xenéticas, demostraron definitivamente que a raza humana naceu nunha área de África subsahariana?.
E non de Suráfrica, senón dun lugar máis ao noroeste chegou Manecas. Dun dos países máis pequenos de África Continental. Nos albores da independencia, que se produciu en 1974, Manecas Costa xa creara o grupo Africa Livre. Logo tocou en N?Kassa Cobra, Cobiana Djazz ou Kapa Negra. Amílcar Cabral declarou ao comezo do conflito en 1973: ?Non facemos a guerra contra o pobo portugués, senón contra o colonialismo?. Esta idea é clave para entender como moitos dos portugueses recrutados nas colonias estaban ao lado dos movementos revolucionarios pola independencia o Paigc no caso de Guinea Bissau e Cabo Verde, o MPLA (Movemento da Liberación de Angola) e o Frelimo (Fronte de Liberación de Mozambique). É a clave para entender un Estado onde só o 14% da poboación fala o idioma oficial portuguése o resto fala crioulo e idiomas nativos africanos como o badjara, balanta-kentohe, biafada, bidyogo, cassanga, ejamat, kobiana, mancanha, mandinka, nalu, pepel ou soninke. Tampouco é casualidade que os militares que se levantaran contra o réxime salazarista durante a revolución do 25 de abril, coñecida como a Revolución dos Caraveis, fosen soldados combatentes en Guinea Bissau cansados de recibir da metrópolis ordes alleas á realidade na que se atopaban inmersos. Por iso, non deberían sorprendernos as imaxes dun militante do Paigc que coa euforia do 25 de abril grita a unha masa exaltada: ?Viva o PAIGC!, Viva o 25 de abril!, Viva Portugal!?.
Como foi a súa chegada a Galiza?
Na realidade para min foi unha sorpresa encontrar Galiza. Sei o valor da miña calidade musical e sempre busquei o meu propio, con apoio dos meus pais que me ensinaron que era moi importante crer en min mesmo. Pouco a pouco estou no mundo internacional da música tentando achegar o mellor de min. O Festival Internacional da Lusofonía abriume as portas de Galiza. Cantos na Maré, Festival Internacional da Lusofonía é un evento internacional pioneiro que nace en Galiza dirixido por Uxía como unha aposta musical singular. Polo tanto, quen ten culpa de que eu estea aquí é Uxía. Cando falo da Uxía falo co maior respecto e admiración porque me deu toda a posibilidade de demostrar a miña calidade musical e porque é unha artista enorme.
Xa que fala da lusofonía. Sabía vostede daquela da existencia desta variedade lusófona que se chama galego?
Non, eu non tiña noción diso e foi só despois da primeira vez de eu vir a Galiza cando me decatei. Agora sei que a lingua de todos os países lusófonos naceu neste territorio e que falamos unha lingua común na acualidade. Tamén a forma de vivir a vida é semellante. É curioso, porque no crioulo que falamos na Guinea hai moito léxico semellante ao galego e iso dicímolo no espectáculo Humor Neghro que facemos o Carlos Blanco e mais eu. O unto do caldo galego para nós tamén é o unto, a tina, a taberna. Lusófonos e galegos estamos xuntos, esta é a miña opinión, que non sei cantos comparten.
Polo menos Caetano Veloso si a comparte, que non é pouco.
Si, xa o escoitei o outro día na Quintana. Estou na mesma liña de pensamento de Caetano. Calquera lusófono debería se sentir en casa na Galiza. Neste mundo de hoxe en día conseguir comunicarse e ter amigos ten un tesouro e gaña.
?Humor Neghro? percorreu en cinco meses unha quincena de vilas galegas e conseguiu colleitar algo moi difícil nestes tempos: un cheo absoluto de público en cada unha das súas funcións e boas críticas.
Foi unha experiencia extraordinaria. Quen consiga transmitir os seus valores e aprender dos valores dos outros consegue estar en calquera parte do mundo. Claro que isto implica moita seriedade e unha certa ximnástica que comprometerse a aprender e a transmitir enerxía positiva. Eu cando estou na Galiza síntome como se estiver na Guiné. Galiza é a miña casa.
Vostede volveu á Guinea despois da guerra civil de 1998?
A guerra comezou o día sete de xuño e eu saín quince días antes. Fun tocar á Guinea e percibín que había conflito armado. É un país con moitas dificultades, polo que a música, a arte, non pode ser prioritario.
Son os auténticos malos tempos para a lírica que cantaban Golpes Bajos.
Moi malos tempos para a lítica, pero a música en Guinea é algo fundamental. Sempre me pon trinte falar da guerra no meu país, porque foi todo moi castigado onde faleceron moitas persoas inocentes que non facían parte desa maldade. Aínda ben que iso pasou e que hai amor en construcción.
Amor en construcción. Ese é un bo antídoto contra o Deus dará e até contra o espírito postmoderno. Un emigrante ten claro que todo depende del, non si?
Si. Ser inmigrante non é doado. Como vostede di, todo depende dun, porque está só. Cando cheguei a Lisboa non coñecía case ninguén. Fixen amizade coa Mariza, co Rui Veloso, con músicos de fóra como Tito Paris, Dani Silva... e loitei para conquistar o meu espazo musical. E para que negalo, non foi fácil. Pasei fame, ás veces non tiña diñeiro para comer. O meu irmán Marcelo foi o que me recebiu en Lisboa e viviamos nun cuarto pequeno. Durmimos mal moitas veces, pero eu xuraba que o lograría, que non ía ser covarde e renderme. Eu nunca me esquezo diso.Por iso teño presente o que é a emigración e sinto rabia e lástima pola situación que vive a xente que colle a canoa, que sae desde a Guinea, desde Senegal, que morren no mar. Se eu puidese facer unha campaña, escribir un tema, un videoclip, para explicar a miña experiencia e que sirva de información.
Vostede veu en caiuco?
Non, non, Eu cheguei en avión, como a maioría dos inmigrantes que hai na Península pero, fóra da viaxe, a dureza do demais é igual. Non encontrei amizades, nin euros, nin contratos á porta da miña casa. Loitei. E fun ilegal durante un tempo. E tiven que seguir a loitar.
Hai un fotógrafo galego, Gabriel Tizón, que levou a Guinea Bissau a primeira exposición sobre ?a verdadeira historia dos caiucos? e a falsidade do mito europeo.
Hai que falarlle claro á xente da situación. A min gustaríame falarlles aos meus irmáns de que isto é unha loucura, de que moitos morrerán na viaxe.
Que lle parece a política de inmigración da Unión Europea?
Hai que vixiar ben o proceso e esixir que se implique no desenvolvemento de África. Non se pode mesturar a todo o mundo, porque a maioría dos inmigrantes vimos traballar e dignificar a economía europea. Por que os africanos non poden ter dereito á saúde, á educación? Por que? Son humanos, respiran, contribúen a levantar os países, pagan impostos. Iso a maioría.
Cal é a relación de Portugal cos cidadáns das antigas colonias que hoxe viven no continente?
Mellorou moitísino, moitísimo. Antes os portugueses non se interesan moito polas cousas que lles suceden aos homes dos países das súas antigas colonias en África. Agora moitos somos xa portugueses e houbo un reaxuste na poboación. Sobre todo polos fillos dos inmigrantes. Estanse a facer moi ben as cousas.
Mais houbo un momento en que quen cantaba crioulo podía ir á cadea?
Antes non era a mesma cousa, está claro. E o facelo incentivou a loita, serviu de afirmación e uniu a xente nun país que ten moitas etnias, cada unha coa súa propia lingua e a súa música. A existencia de embaixadas fortes en Guinea Bissau mellorou tamén, ademais da situación do meu país, a visión que del se ten no exterior, polo que se minguou a desconfianza da comunidade internacional. A Guinea retrocedeu vinte anos de progreso na guerra.
Imaxino que perdeu moitas cousas, moitos seres queridos na guerra.
Perdín familia, perdina amigos, perdín moitas cousas. A bala perdida andou na cidade. Os señores da guerra non deixan respirar a beleza e a fertilidade incomparábel e verde do país.
Debemos recoñecer que, exceptuando Portugal, o seu país é un gran descoñecido para a maioría do mundo occidental.
Pois é, e resulta lastimoso. Estamos a falar dun país que ten oitenta e tantas illas, vinte e tantas etnias, unha cultura diversificada, uns constumes diversificados.
Vostede a que etnia pertence?
Son manjaco.
E ten tamén unha esposa manjaca?
Non, ela é guineana mais non manjaca.
E iso non está mal visto?
Non, non. E teño tres fillos e unha neta.
O que falabamos antes da inmigración...
Claro, esa menina é portuguesa sen ningún problema.
Cambiando de tema, que representa para vostede o gumbe?
O gumbe é o estilo musical da Guinea Bissau que transmite só enerxía positiva. O gumbe é un ritmo que podería ser para nós como o reggae para os xamaicanos. De feito, naceu na mesma illa caribeña dous séculos atrás e embarcou con escravos libertos cara a Serra Leona para quedar en Guinea-Bissau. Hai pouco estiven no festival de Pardiñas e a xente bailaba gumbe como se foran africanos. Os galegos ficaron africanizados co gumbe. O gumbe, se ti estás triste, cámbiache o humor. O gumbe entra con toda a enerxía positiva en Galiza.
Acho que na Galiza precisamos moito do gumbe.
O gumbe é para nós unha unión de todas as etnias, a enerxía positiva de todas as etnias. Se danzas gumbe marchan todos os problemas e xúrolle que os galegos o experimentan cando o escoitan soar.
Así que a súa intención é africanizar Galiza... transformala nun novo ?Paraíso di gumbe?.
Si, pero non só iso, senón tamén levar a África sons e artistas galegos magníficos. Que a xente veña visitar e coñecer máis a Angola, Cabo Verde, a Guinea, e que alí coñezamos máis Galiza e a lusofonía, da que somos irmáns. Crear esa mestura. E nós temos o tambor de auga fai a función da gaita para os galegos. Tes un tambor de auga e montas a festa en calquera lugar.
A gravación do ?paraíso di gumbe? debeu ser un suceso moi fermoso no seu país.
Xa gravara dous discos topei coa musicóloga inglesa Lucy Durán, engaiolada da miña cancion Ermons de terra, que escoitara no recompilatorio Palop Africa. Ela conseguiume o contrato discográfico coa BBC e fun até Guinea-Bissau para gravar Paraiso di gumbe. Máis de 400 quilos de material. Alí non hai un estudio de gravación en condicións. A chegada ao aeroporto co equipo da BBC foi unha festa. O país parou para recibirnos. Había tambores e carteis de benvida. E a xente acompañounos ata a cidade. Todo o mundo quería gravar comigo. O resultado foi marabilloso. Quero achegar todo o que poida pola música e mais polos músicos do meu país.
www.elcorreogallego.es |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|