Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Entrevista con Quempallou |
|
En correspondencia palleira, nove anos son cincuenta e pico en homo sapiens sapiens. Madurez, experiencia. Non imos comparar a traxectoria deste grupo cun can de raza galega pero, tamén, a madurez e a experiencia é o que o fai diferente respecto doutros grupos, ou polo menos o que se desprende dos novos directos e os temas de Quempallou, conxunto tradicional que se formou a cabalo entre Pontevedra e O Incio.
Do último disco destaca sobremaneira un tema hip hop cantado con Dios Ke te Crew, cunha música entre o tradicional e o rap máis ácedo e que versa cousas como: ?Unha carballeira, unha urbanización; por cada montaña, un parque eólico; en cada areal, un porto deportivo; cen minicentrais para cada río?. Guillerme Ignacio é o seu vocalista.
-O disco editado o pasado ano, ?Polo Aire?, destaca pola súa madurez, como vós mesmos dicides. Como se chega a este estado nun grupo musical como o voso?
-Pois chegamos á madurez fundamentalmente a base de estabilizarnos como grupo, levamos desde o disco Estremonías estabilizados, catro ou cinco anos. Ademais, traballamos arreo e tocamos moito por todo o país, compoñendo os nosos propios temas. Este disco Polo Aire o gravamos con moita máis calma, tanto na creación de temas como na produción do disco... e iso nótase despois, penso. E temos tres discos no mercado, o ano que vén cumprimos dez anos e tivemos moitísimos concertos, así que eu penso que é acertado dicir que estamos na madurez do grupo.
-E o ano que vén, co décimo aniversario, vai haber algunha sorpresa, algo especial?
-Pois algo especial vai haber segurísimo, claro! Non podemos deixar pasar tan importante data, pero de momento e como se di nestes casos 'non che podo desvelar nada' que non hai nada seguro aínda.
-Difire moito nos escenarios o Quempallou do primeiro disco, daquel 1999, do actual?
-Si que difire, pero non moito. Nós seguimos unha liña desde o principio, pero iso tedes que dicilo vós. Nós cremos que sempre seguimos ese carreiro bastante claro, con algúns cambios aquí e alá, pero o Quempallou de hoxe identifícase co do principio de todo. E desde ese primeiro chanzo o noso obxectivo era facer festa, ser festeiros sobre o escenario, que é o punto sobre o que destacamos para o público.
-Que vos diferencia respecto doutros grupos galegos que percorren o país con concertos, que hai de diferente en Quempallou?
-Ui, iso é moi complicado de responder. Nos estamos dentro dun estilo, dentro dunha onda de folk galego con fondas raíces e unha base tradicional moi importante tanto no xeito de compoñer como na forma de levar o directo. Ese sobre todo o que nos diferencia e isto último, un directo con moita festa, cunha intención de que a xente baile, que disfrute da música e con nós. Nós somos o único grupo que sigue esta corrente, ademais é bo destacar que temos un tratamento da voz que si nos fai diferentes, temos moitas composicións propias e cantadas, o feito de que cante un home...
-Esa 'diferencia' faise patente no Polo Aire, por exemplo, nun temazo interpretado con 'Dios Ke te Crew', un tema que titulastes 'Ninguén'. É un tema hip hop con moita denuncia social onde ben se nota a pegada tradicional, un quempahop, como chamades vós. Como naceu este tema?
-Xurdiu nunha maneira moi natural. Nós tocamos con Dios Ke te Crew nun festival na Mariña, pareceunos que o que facían era algo auténtico, bonito, sincero, algo como o que nós tamén facemos. Nós entendemos a música non só como algo para facer a festa e pasalo ben, senón tamén como un xeito para contar as cousas que nos pasan. Como dis é un tema de denuncia, algo do que botamos tamén no primeiro disco co tema 'A Rabuda', a nosa declaración de intencións. Aí nós xa expuxemos a nosa opinión sobre os problemas que nos preocupan, que nos tocan de preto. Nese punto de crítica necesaria, nesa retranca, coincidimos plenamente con Dios Ke te Crew, así que despois de xurdir a idea comezamos a facer as bases musicais de hip hop e fumos tecendo partes de letra e retrouso para rapear. Eu compuxen o retrouso e algo da letra para que rapearan eles, pero ao final tocoume a min.
-Desde logo escoitar ao cantante de Quempallou recitar rap, malia que a canción teña esa base tradicional, é ben singular. Foiche complicado rapear?
-Eu nunca rapeara pero foi unha experiencia preciosa, gustoume moito. Realmente cando dis cousas que che saen do corazón, que sintes, é moi interesante e intenso.
-Noutra orde de cousas, como ves o panorama da música tradicional actual, que estado de saúde ten para ti?
-Eu vexo á música folk tradicional bastante ben, por exemplo a nivel de grupos. Estamos traballando ben, estamos sacando discos, estamos sacando moita calidade... e desde o punto de vista de produción estamos moi ben, penso eu. A nivel de medios, pois si que houbo un 'subidón' hai uns anos a nivel mediático que xa marchou e nós agora intentamos chegar ao maior número de público que poidamos. Sabemos, claro está, que é algo moi complicado, cando a música é un produto tes que loitar con empresas moi potentes que teñen montado os seus negocios. E o folk, e é así, non entra dentro dese negocio. A música folk qe se fai en Galiza non é unha máis, é unha música de raíz que emerxe do noso patrimonio e que debe ter unha atención. Agora movémonos só con pequenas empresas musicais.
(Entrevista tirada da edición impresa de Gznación. Podes atopar este e outros contidos no número 2, que dende hai uns días se distribúe gratuitamente por todo o país)
www.gznacion.com |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|