Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Entrevista a Xose Manuel Seivane
Entrevista a Xose Manuel Seivane

-Como foi o seu primiero contacto cunha gaita?
Aos 12 anos empecei a tocar a gaita. Despois no ano 1934 deuseme por facer unha gaita. Conteillo ao meu pai e díxome que era moi difícil. Pero eu non durmía pensando en que tiña unha gaita que, daquela, custarame 13 pesetas. O caso é que eu busqueille os calibres á gaita. Mandábanme aos prados coas vacas e eu levaba unha navalla ben afiada e collía madeira de ameneiro, branda, e collia os calibres. Da primeira, da segunda, do ronco, do punteiro porque é a alma da gaita. Cando a tiven fumos do ferreiro, un que lle chamaban o Cristo, da miña parroquia. O meu pai pediulle unha ferramenta e cando preguntou para que era díxolle que eu quería facer unha gaita. "Se o mandaras cavar", contestoulle. Meu pai díxolle que era un capricho e fixo. Pero o home non se daba maña. Despois pasamos meu pai e eu un día enteiro nunha moa posto que non habia esmeriles. Entón púxenme a facer a gaita. Daquela nunca un torno vira nin vira tornear. Era un de ballesta porque non habia forza motriz. Pasei moito traballo. Meu pai preparoume as ferramentas. Logo pouco a pouco cun calibre fíxeno perfecto. Cando rematei púxenme a afinar e estaba igual que a que eu comprara

Que procuraba como artesán?
Eu sempre soñei con poñer a gaita no seu punto. Daquela non había máis que dous ou tres tipos de gaita. A gaita que lle chamaban en Re, en realidade en tonalidade máis baixa, estaba a de Do e a que habia en todo o sur, onde estaban os mellores gaiteiros, era en Do brillante, non habia tal Do natural. Sempre pensei poñer a gaita na nota propia. Eu era músico de clarinete tamén e afinaba polo clarinete. Logo veu o diapasón eléctrico. En do que afinara en do, logo en si bemol que afinara en si bemol, logo en si, que era a mellor que se facía daquela.

Que relación mantiña con outros construtores e gaiteiros?
Daquela había moi poucos que fixeran gaitas. Logo tampouco me relacionei, parece que me tiñan moito respecto. O único contacto foi con Corral. O normal era que habia un gaiteiro cada dez ou quince quilómetros.

Pensa que hoxe a gaita está abondo recoñecida no noso país?
Sempre pensei que a gaita era o simbolo de Galicia. Dígoo porque o sinto. Está recoñecida totalmente. Hai que darse conta como está a gaita por Europa onde hai galegos.

Que dicían os veciños ao ter en Ribeira de Piquin un constructor de gaitas?
Non dician nada porque eu tiña un grupo que faciamos todas as festas da zona, mesmo pasabamos a Asturias. Eramos catro pero faciamos o papel de cinco posto que tíñamos unha batería: dúas gaitas, clarinete e batería. Chamábamonos "Os Airiños da Ribeira".

Fixo ademais outros instrumentos a demais de gaitas...
Si fixen unha zanfona, clarinetes, un violín, ... O violín viu a probalo moita xente.

Vostede recibiu moitas homenaxes. Neste caso recíbea de Ribeira de Piquín. Que lle parece?
Eu non sabía nada, era un segredo. Estou así, así. Se fora un catedrático... Débolle moita obrigación á asociación Os Recunchos de Robeira de Piquín.

Quédalle por facer algo no mundo da gaita?
Hoxe xa facemos todas as tonalidades.

E na vida?
Eu xa teño 87 anos. Hai dous anos que veño de vez en cando polo taller pero deixeino. Estou na casa, axudo á muller porque lle gusta moita a horta, as árbores, ...


www.apeneira.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-08-2008 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0