Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

'A noite do trasno', un modelo de festival que esmorece
Cabo Udra (Beluso ? Bueu) non acolle este ano o evento: a organización, cansa, lamenta as dificultades económicas.

Por vez primeira dende hai seis anos, a segunda fin de semana de agosto non contará cos concertos folk da Noite do Trasno, en Beluso (Bueu). A Asociación de Mozas e Mozos de Beluso, organizadores do festival, tomaron a decisión despois de analizar as convocatorias dos últimos anos. Dunha banda, denuncian o difícil que se torna a organización deste evento, cada ano máis profesionalizado, doutra lamentan a falta de relevo na organización.

A Noite do Trasno xurdiu como festival despois da recuperación da Festa dos Mozos, en 1999. A organización quixo dar un paso máis alá e optou por un festival de música tradicional en 2002: a iniciativa foi un éxito xa que cada ano milleiros de persoas se achegaban ata o entorno natural de Cabo Udra para participar da festa e da troula. Polos seus carteis pasaron grupos de renome tanto do ámbito galego, como do panorama estatal. Como mostra, o ano pasado o cartel estaba formado por Os Cempés, Zënzar ou a Banda do Pulpiño Vilascón, de Galiza, e os andaluces Los Pulseritas ou os palencianos La Familia Iskariote.

Festival inviábel
Sen embargo, o modelo esgotouse. Ou iso é o que opina a Asociación de Mozas e Mozos, quen tomou a decisión que non celebrar o festival este ano. Un dos seus membros, Xabi Castro, asegúranos que a organización se voltou inviable. Primeiro, porque moitos dos membros da entidade deixaron a asociación, ben por motivos profesionais, ben por outras cuestións, mentres que outros reduciron o seu grao de implicación, agardando unha chegada de relevos que aínda non se deu. Ademais, Castro fálanos do cansanzo dos organizadores, xa que o desgaste foi moito nos últimos anos, xa que o grao de profesionalización da Noite do Trasno foi "queimando" aos membros da asociación que se viron cun grao de responsabilidade que supera o agardado dun colectivo sen ánimo de lucro.

Doutra banda, aducen cuestións económicas. Se ben, o festival contaba cada ano co apoio da Xunta e do concello, o certo é que tanto a venta de merchandising a xeito de camisetas como a de bebidas nos postos da organización mermou de xeito importante. Ao tempo, medrou o número de persoas que se sumaban ao botellón, e a bebida traída da casa, o que limitou a recadación. Ademais, o ámbito do concerto, o lugar de importancia comunitaria (LIC) de Cabo Udra estaba a sufrir as consecuencias da actitude de moitos participante no festival, que cravaban tendas de campaña, traían os seus propios xeradores eléctricos para poñer a súa propia música, ou deixaban os seus desperdicios.

A Asociación de Mozas e Mozos tomou este ano de reflexión e, malia que non pecha as portas á celebración do festival o vindeiro ano, si estuda o seu replantexamento. Neste proceso están a buscar alternativas que, de momento, semellan non chegar

www.vieiros.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 07-08-2008 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Un día pasará is#blgtk08#o con ortigueira
Comentario por Edu (07-08-2008 23:33)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0