Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Nace o portal Nsaio.org |
|
 Nace o portal Nsaio.org, un foro de encontro para os grupos noveis galegos
O director xeral de Xuventude, Rubén Cela, e o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luis Bará, presentaron hoxe en Santiago o novo portal www.nsaio.org, unha web concibida como punto de encontro e intercambio de experiencias para os grupos noveis galegos e que se enmarca dentro da Rede Galega de Locais de Ensaio da Administración autonómica.
Segundo explicou Rubén Cela, o portal está dividido en tres espazos principais, un dedicado á información relativa aos grupos novos, un orientado a ofrecer documentación da rede de locais de ensaio públicos e un último apartado de novas, radio e servizos que ofrece a dirección xeral de Xuventude, tales como concursos.
En concreto, no apartado dedicado aos propios grupos, cada unha das bandas que se rexistre no portal contará cun espazo propio no que introducirán toda a información sobre elas, os seus vídeos ou mp3 das súas cancións e contarán cun servizo en liña de asesoría xurídica sobre dereitos e propiedade intelectual.
Ademais, o portal web ofrecerá tamén información sobre a rede de locais de ensaio da Xunta, formado actualmente por 17 locais que esperan aumentar até 30 antes de final de ano. Así, cada local en funcionamento dispoñerá do seu propio apartado de información de contacto, localización, normas e datos dos usuarios.
Radio en liña
Finalmente, a web conta cunha extensa sección de servizos, entre os que se inclúen as noticias de actualidade relativas á materia, unha radio en liña para escoitar os temas dos grupos participantes e información sobre concertos e concursos.
Durante a presentación do portal o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, destacou o papel "importante e novidoso" da rede de locais de ensaio da Xunta, xa que, asegurou, trátase dun proxecto que "está marcando camiño fóra de Galiza".
Galiza, "potencia cultural"
Pola súa banda, Rubén Cela afirmou que Galiza "hoxe en día é unha auténtica potencia cultural" ademais dun "referente inexcusábel de todo o Estado en materia de creación de grupos noveis", xa que "é o único lugar onde existe unha rede de locais de ensaio públicos".
O director xeral de Xuventude subliñou que esta rede pretende ser un lugar "de formación" para os novos grupos galegos, ademais dunha ferramenta "de difusión", a través "de concursos e de concertos", ademais de vía internet por medio da web.
www.gznacion.com |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|