Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Pablo Devigo convértese no gaiteiro máis premiado do ano
Este intérprete de 18 anos obtivo o primeiro posto en cinco certames de gaita no que vai de 2008

O último galardón recibido polo músico de Castro Caldelas foi o trofeo McCrimmon do festival de Lorient


Pablo Devigo podería converterse nun dos grandes gaiteiros galegos do século XXI. Con 18 anos, este intérprete acadou no que vai de ano o primeiro posto en cinco concursos de gaita. O último recoñecemento chegoulle no festival celta de Lorient, que se celebra estes días, onde acadou o trofeo McCrimmon, un dos galardóns máis famosos dentro do mundo das cornamusas e no que tivo que dobregar a outros músicos chegados de Asturias, Bretaña e Galicia. O McCrimmon (antes coñecido como trofeo Macallan) ten dúas modalidades: a denominada gaita escocesa e a que simplemente se chama gaita, e aí compiten os participantes galegos, asturianos e bretóns. É a primeira vez que Galicia repite vitoria dous anos consecutivos en Lorient, despois de que Edelmiro Fernández gañase no 2007.

Devigo preparouse concienzudamente para este concurso, no que sorprendeu ao xurado cunha interpretación na que utilizou tanto a gaita galega como a asturiana. «Estudei a maneira de tocar a gaita asturiana só para o McCrimmon», explica un intérprete que tivo que superar a proba de tocar 21 minutos ante un xurado tres pezas procedentes das tradicións sonoras de Galicia, Asturias e Bretaña.

Con esta vitoria, Devigo convértese no gaiteiro máis laureado do ano, tras gañar os certames de Bandeira, A Estrada, o Manuel Villanueva de Poio e o ferrolán Constantino Bellón na modalidade de composición. Nos andeis da súa casa tamén garda outros galardóns conseguidos no 2007, entre os que destacan o Avelino Cachafeiro, que distingue ao mellor gaiteiro de Galicia.

A pesar de que a fama musical de Pablo Devigo lle chegou a través da música tradicional, o intérprete de Castro Caldelas ten claro que a gaita debe buscar o seu sitio no mundo sonoro contemporáneo. «Deberíamos terlle máis respecto á gaita como instrumento e velo menos como un emblema», explica sobre a súa visión do estado creativo actual do símbolo musical de Galicia. «Hai que buscar un oco na música contemporánea, e non falo só do folk e da música tradicional, senón da súa introdución en ámbitos como o do jazz e outros estilos contemporáneos», engade.

Devigo resalta que neste tipo de innovacións dentro do mundo da gaita tamén é importante dicir con sinceridade o que se fai, e «non ir vendendo por aí unha cousa que logo non ten unha base de verdade», explica.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 07-08-2008 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 podeche caer mellor ou peor#blgtk08#, pero este tio e un crack
Comentario por ai que joderse (20-08-2008 17:33)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0