Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Voda protesta na voda dos Franco en Sada |
|
 Voda protesta? polo enlace da bisneta de Franco en Meirás
A Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica reclamará a devolución de Meirás o día da voda da bisneta de Franco en Sada
A voda da bisneta de Franco, Leticia Giménez-Arnau Martínez-Bordiu, terá lugar o vindeiro venres, 8 de agosto, no Pazo de Meirás pero, a ben seguro, non será unha cerimonia cómoda para os invitados. Ese mesmo día, nese mesmo lugar, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) realizará un acto co que reclamarán a devolución desa propiedade ao patrimonio público. "Realizar aquí unha voda é un acto de provocación da familia Franco, que quere deixar claro que o pazo é seu", asegurou onte Manuel Monge, presidente da CRMH.
Coa colaboración da comparsa coruñesa Os Maracos, os integrantes da agrupación escenificarán unha "voda" na entrada do pazo. "O Caudillo volverá á vida e acompañará a noiva como padriño. Estará escoltado por un destacamento da Garda Moura e será recibido á entrada do Pazo polo xefe nacional do Movemento Nacional, entre outras autoridades", explicou Monge.
A asociación entregará a cada un dos invitados un folleto informativo sobre a historia do Pazo de Meirás titulado O pazo de Meirás é o imposto revolucionario de 1938 para transmitirlle á familia do ditador "de xeito pacífico, que xa gozaron bastante del e agora deben devolvelo"; e que invitarán a tortilla e empanada "a todo o que queira acudir, aínda que será un menú moi diferente ao do interior".
A asociación pediulle xa permiso á Subdelegación do Goberno na Coruña cun escrito no que se comprometen a non cortar o tráfico, nin impedir a entrada dos invitados á voda. "Queda claro que o obxectivo non é impedir ou boicotear a voda, senón reclamar a devolución do Pazo ao pobo", sentenciou o responsable da CRMH.
Monge avanzou, ademais, que están en conversacións co pai da noiva, Jimmy Giménez-Arnau "porque xa que non está invitado á voda oficial, quizais queira vir a esta porque ademais sabemos que está a favor da devolución", apuntou. Por iso, engadiu, "faremos este acto reivindicativo e festivo" no que se entregará a todos os asistentes un folleto informativo onde se explica a forma na que o pazo foi adquirido polo ditador.
Desde a CRMH insisten en que o pazo de Meirás lle foi entregado ao xefe do Estado e non á persoa de Francisco Franco, polo que "non pode ser herdado pola súa familia", tal e como se deduce o documento de doazón do inmoble de 1938.
Ademais, incidiu Monge onte nunha rolda de prensa, "foi conseguido nunha actuación ilexítima e de chantaxe a todos os cidadáns"; por iso, "a propiedade debe pasar ao patrimonio público, igual que o Pazo Baión foi comisado a Laureano Oubiña", engadiu.
Neste sentido, valorou os trámites iniciados pola Consellería de Cultura para declarar o pazo Ben de Interese Cultural, pero asegurou que o obxectivo é que sexa devolto á cidadanía e por iso se enviou un escrito á ministra de Administracións Públicas, Elena Salgado, para que pida a devolución. "De non facelo, iniciaremos as actuacións xudiciais oportunas", asegurou Monge.
Na contravoda, non faltará tampouco o convite "aberto a todo o que queira asistir", aínda que o menú, a base de tortilla e empanada, será diferente ao que se sirva dentro do pazo.
DOCUMENTOS Unha lea que acabará pronto
A Consellería de Cultura anunciou o un de maio pasado a incoación do proceso de declaración do Pazo de Meirás, situado en Sada (A Coruña), como Ben de Interese Cultural (BIC), co que se dan por concluídos os meses de polémica que rodearon o proceso, empexado pola negativa da familia Franco á visita dos técnicos do departamento para evaluar a situación do inmoble.
Só unha orde do Tribunal Supremo logrou neutralizar a opoisición da familia, que rexeitaba calquera cambio de status do edifio para así mantelo pechado ao público.
E é que desde a declaración sde Meirás como BIC -que podería ser dentro deste mesmo ano-, os Franco deberán abrir polo menos catro días ao mes o pazo para recibir os visitantes.
Para o BNG, a declaración só trae avantaxes xa que o pazo se convertirá, aseguran,"nun dos referentes turísticos e culturais da área metropolitana da Coruña".
www.galicia-hoxe.com |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|