Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Semifinais de 'Nsaio no Camino' |
|
A semifinal de 'Nsaio no Camino' leva 15 concertos a 5 vilas
A semifinal do certame de grupos 'Nsaio no Camiño', promovido pola Secretaría Xeral de Xuventude e a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, levará os concertos de 15 grupos a un total de cinco localidades galegas durante o mes de agosto.
Segundo explicou o secretario xeral de Xuventude, Rubén Cela, os concertos de semifinais deste certame estarán protagonizados, en grupos de tres en tres, polos 15 grupos noveles seleccionados entre os 150 que enviaron maquetas para participar nesta edición do 'Nsaio non Camiño'.
Deste xeito, os grupos actuarán, divididos por tipos de música, en diferentes localizacións do 'Camiño Portugués', 'Ruta do Mar de Arousa', 'Camiño Inglés' e 'Camiño do Norte', nun intento de "promocionar a creación musical de novos talentos ao mesmo tempo que se valoriza o Camiño de Santiago".
Concertos
En concreto, o día 8 de agosto celebrarase en Tui, o primeiro dos concertos, dedicado á música Pop, no que participarán os grupos Supersound, Mariland e Snatch, que contarán coa participación do artista pop coruñés Xoel López, 'Deluxe'.
Posteriormente, o día 15, os grupos semifinalistas no estilo de 'mestizaxe', Chotocoeu, Duplo Son e Som do Galpom, actuarán en Boiro coa colaboración do grupo galego Lamatumbá.
Pola súa banda, o día 23 de agosto, actuarán na Coruña, os grupos Telémaco, Noise Projet e Os trasnos de Moscoso así como o grupo británico The Go! Team como artista invitado.
Ademais, en Ribadeo, actuarán o día 29 os grupos de rock Roberto Sobrado e Banda, Sínefres e Skándalo GZ; un concerto no que participará tamén a banda Boicot.
Finalmente, o día 29 de agosto, celebrarase en Allariz o último dos concertos de semifinais de 'Nsaio no Camiño', o dedicado aos grupos folk, con Tataratrío, Banda Folk Ribas de Sil e Loba Loo, que contarán coa participación da cantante galega Uxía.
Récord de participación
Durante a presentación do programa de concertos, Rubén Cela destacou a "marca de participación" da edición deste ano do certame 'Nsaio non Camiño' que triplicou as 50 maquetas recibidas na súa primeira edición, o ano pasado, e chegou aos 150 candidatos.
Cela mostrouse "encantado" de que o departamento que dirixe colabore con "unha iniciativa que en dous anos constituíuse como un referente para todos os grupos novos" galegos.
A final do certame 'Nsaio non Camiño' celebrarase durante a primeira quincena de setembro no Palacio de Congresos de Lugo e nela participarán os gañadores das semifinais de cada estilo de música.
www.anosaterra.org |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|