Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Entrevista a Susana Seivane
A gaiteira Susana Seivane naceu na cidade de Barcelona, a pesar que dende pequena foise cos seus pais para a vila coruñesa de Cambre. Dende entón sacou tres discos e converteuse nunha importante referencia da música folc internacional.

Anoite actuou no Festival Intercéltico do Morrazo para facer as delicias do público que se achegou ata o escenario situado nas pistas deportivas do paseo marítimo. Despois de tres actuacións en Moaña xa se sinte "como unha veterana do Intercéltico".

-Compartiu escenario co grupo escocés Shooglenifty. Cales eran as súas referencias desta formación?
-Iso é precisamento o que fai esta actuación tan especial. Shooglenifty é o meu grupo favorito. Ademáis, teño unha boa relación con eles. Xa compartimos actuación unha vez nun programa da BBC escocesa, pero esta é a primeira vez que compartimos escenario nun mesmo concerto.

-O Intercéltico e o festival de Ortigueira son os redutos de folc en Galicia?
-Son os dous festivais máis importantes, un referente a nivel europeo. Pero en Galicia temos outros exemplos de eventos máis modestos que van mellorando cada ano, como os festivais de Moeche ou o de Pardiñas.

-Medrar rodeada de músicos marcouna moito?
-En casa, a miña nai dicíame: ´Filla, tes que ser artista!´. A verdade é que sempre me influíu o amor pola nosa música, que nos transmitiu o meu avó, pero despois foi iniciativa propia. Sempre digo que de pequena ardíame o cu pola gaita.

-Para cando o cuarto disco?
-Agardo que estea rematado para o Nadal, ou como moi tarde na primavera. Levo catro anos sen gravar e xa me apetece moito. Por sorte, dende que saíu á rúa o disco Mar de Tempo non paramos de actuar.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-08-2008 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0