Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Vigo, centro europeo da música folk |
|
A cidade será a sede permanente da Rede Europea de Orquestras de Folk
Da man da orquestra Sondeseu, Vigo tomou a iniciativa dun proxecto pioneiro ao fundar a European Network Folk Orchestras (Rede Europea de Orquestas Folk), ENFO. O obxectivo desta é, segundo o concelleiro de Cultura, Xesús López, "reunir a agrupacións de música folk cunha idiosincrasia similar" nunha estrutura multidisciplinar para deste xeito "compartir e difundir o patrimonio cultural de distintos países".
Xunto con Galicia, compoñen esta nova organización Bélxica, Finlandia, Italia, Francia e Escocia, aínda que ENFO nace co propósito de "seguir medrando", en palabras do concelleiro. Os integrantes menterán xuntanzas bianuais nas que traballarán, entre outros aspectos, para "tratar de paliar o problema das orquestras que non teñen onde tocar por falta de orzamentos", explicou o artífice da Rede, Rodrigo Romaní, quen salientou que na actualidade Sondeseu é "a única orquestra de folk estable en Europa".
Ademais, a ENFO suporá "un punto de inflexión na difusión exterior da música tradicional galega", apuntou o director da Fundación Sondeseu, Anxo Pintos. "Trátase dunha actividade a prol da música con raíces no noso país", sinalou.
A constitución formal da Rede, que se fará no congreso fundacional os días 6 e 7 de agosto, celebrarase paralelamente á I Festa Internacional da Rede Europea de Orquestras de Folk.
Este evento contará con actuacións no auditorio de Castrelos de orquestras chegadas desde Bretaña (An Avel), Bélxica (Transpiradansa!) e Guinea Bissau (Folk Orquestra Gabú), sen esquecer á propia Sondeseu. Estes concertos (os dous primeiros o mércores, os restantes o xoves) complementaranse con obradoiros sobre instrumentos propios das tradicións representadas polas formacións participantes (Esola de Artes e Oficios) e actos de animación na rúa (Praza da Constitución e Príncipe).
www.farodevigo.es |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|