O mozo gaitero galego Pablo Devigo foi o vencedor do XXIII Trofeo «McCrimmon» de gaita celebrado este sábado no Palacio de Congresos do Festival Intercéltico de Lorient.
Durante máis de tres horas, nove gaiteros representaron a Bretaña, Asturias e Galiza coas seguintes puntuacións finais :
1º Pablo Devigo (Galiza)
2º Alberto Coya (Galiza)
3º Pablo Carreira (Asturias)
4º Marco Antonio Gardado do Val (Asturias)
5º Hugo Noval (Asturias)
6º Llorián García Flórez (Asturias)
7º Pablo Delama (Galiza)
8º Pedro Álvarez (Galiza)
9º Marie Lle Cam (Bretaña)
Pablo Devigo (Castro Caldelas-Ourense), de dezaoito anos, obtivo o cuarto posto na súa primeira participación neste concurso o pasado ano. Pese a ser autodidacta do instrumento atesora xeitos de gran mestre e vai camiño diso xa que, en 2007, foi o gaitero galego máis premiado. No seu currículum tamén atesora prestixiosos premios de competición en Galicia como son o Manuel Villanueva (2007 e 2008); o Ricardo Portela (2006 e 2007) e o Avelino Cachafeiro. Tamén obtivo o Premio de Composición para gaita «Constantino Bellón» e, realizando estudos no Conservatorio, irá a Oviedo probablemente para realizar os desta especialidade de composición.
tras escoitalas, a min a que máis me gustou foi a de Alberto Coya. pero non son obxectivo, que é do Morraço!!!
unha dúbida (que espero que non dea nun debate sanguento): o feit#blgtk08#o de que os tres premiados sexan galegos e asturiano é porque temos un supernivelón-que-caghas-pola-pata-abaixo ou porque os escoceses, irlandeses... pasan do concurso?
O trofeo McCrimmon (antes coñecido como Macallan) ten dúas modalidades: a denominada gaita escocesa e a que simplemente se chama gaita, e nesta ú#blgtk08#ltima é onde compiten os participantes galegos, asturianos e bretóns, polo mesmo trofeo e concursando con composicións musicais dos tres países.
Comentario por Xan Lois (06-08-2008 13:09)
3
moitísimas gracias, Xan Lois. así compréndese mellor, claro, :).
acabo de ler o post (máis arriba, no blog) coa noticia de La Voz e tamén explica que tiveron q#blgtk08#ue tocar vinte minutos pezas de galicia, asturias e bretaña, co cal queda claro que os vídeos non valen en absoluto para comparar, senón para ilustrar.