Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Dez días para escoller a canción do verán 2008
Poderase votar até o 13 de agosto. A canción con máis apoios levará o premio do público, mentres que o xurado fará igualmente a súa escolla.

As once cancións do verán galego

Esta é a aliñación de luxo que presentan Vieiros e o A Polo Ghit 2008:
-Chuliboy (Projecto Mourente),
-O reguetón de Maruxa (Joselito),
-Quero ver como te ris (Medomeda),
-Himno da crocha (Jabón Blue)
-Vin en caiuco (Pulpiño Viascón),
-Arroz, da Banda Potemkin;
-Licor café, de Skándalo GZ;
-Planeta 19, de Boy Elliott & The Plastic Bags;
-Punteirolo pola escuadra, de Trapos sucios;
-Os dous amigos, de Roger de Flor;
-Quente, de Sínefres.


Son as once finalistas da terceira edición do concurso, que escollerá a canción do verán en Galiza.

Dende este sábado ao mediodía os lectores xa están votando polas súas cancións favoritas, e en menos de 24 horas xa se rexistraron máis de 300 votos. As votacións rematarán o 13 de agosto ás 0.00 horas e tres días despois, o sábado 16, o programa Extrarradio da Radio Galega e Vieiros darán a coñecer o nome do grupo ou solista gañador do A Polo Ghit deste ano.
A canción con máis apoios levará o premio do público, que se entrega por vez primeira, mentres que o xurado fará igualmente a súa escolla. O tema seleccionado polo xurado representará a Galiza no Liet Lavlut, o festival europeo da canción en linguas minorizadas, que se celebrará o 18 de outubro en Luleå, capital da Laponia sueca, organizada pola comunidade Sámi, gañadora do anterior certame.

www.vieiros.com

Apologhit08
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-08-2008 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0