Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Homenaxe a Xosé Manuel Seivane Rivas |
|
Homenaxe a Xosé Manuel Seivane Rivas. O grande Patriarca dos Seivane
O sábado 9 de agosto de 2008 en Ribeira de Piquín (Lugo)
O acto principal será o descubrimento dun busto e unha exposición retrospectiva sobre homenaxeado.
A Asociación Recunchos de Ribeira de Piquín organiza, o sábado 9 de agosto de 2008, unha festa-homenaxe a Xosé Manuel Seivane Rivas no Chao de Pousadoiro, lugar onde tivo a afincado o seu obradoiro durante máis de 50 anos.
A familia Seivane quere agradecer de xeito público esta deferencia á Asociación Recunchos de Ribeira de Piquín e a todas as persoas e entidades que colaboran no evento.
Os actos comezarán ás 10:30 da mañá e sucederanse durante todo o día para rematar cun concerto de Susana Seivane, unha sesión de fogos de artificio e unha verbena. Celebrarase un xantar de irmandade xusto despois do descubrimento de un busto de bronce e unha placa que ficarán na praza do Chao en proba do afecto que lle profesan o seus veciños do concello da Ribeira. O pregón da festa será lido, tamén, por Susana Seivane.
Teñen confirmada a súa asistencia, a máis de moreas de amigos da familia Seivane, diversas autoridades tanto municipais como provinciais, así coma unha delegación do concello de Cambre, lugar onde está establecido o actual Obradoiro de Gaitas Seivane.
Socio fundador da Asociación de Gaiteiros Galegos e firme defensor das súas teses, Xosé Manuel Seivane Rivas dedicou a súa vida á fabricación e perfeccionamento do instrumento galego por antonomasia, así como á defensa e espallamento da tradición musical galega. As súas gaitas pódense atopar en calquera recuncho do mundo, e o panorama actual de música tradicional e folk de Galicia non pode ser entendido na súa totalidade sen ter en conta o seu apelido. Centos de gaiteiros pasaron por aquel pequeno obradoiro da Ribeira e moitos máis continúan hoxe a visitar o actual de Cambre, A Coruña, onde Xosé Seivane pasa, aos seus 87 anos de idade, algunha tarde entre a madeira do buxo que tan ben soubo traballar ao longo da súa vida en activo.
Foron moitos os premios e recoñecementos que recibiu Seivane polo seu traballo pero é este dos seus veciños e amigos da Ribeira de Piquín o que máis o emociona xa que o fai, sen dúbida ningunha, profeta na súa terra.
Para o xantar e a cea previamente deben retirarse invitacións nos teléfonos 653 720 232 ou 616 474 942.
PROGRAMA
10:30.- Pasarrúas a cargo do grupo de música tradicional ?Os Carunchos? patrocinado pola Asociación de Gaiteiros Galegos.
11:00.- Misa campestre en Chao de Pousadoiro coa colaboración do Coro da Asociación Recunchos de Ribeira de Piquín acompañado pola Banda de Música de Meira.
11:45.- Lectura do pregón da festa a cargo de Susana Seivane.
12:00.- Concerto de cancioneiro tradicional galego a cargo do Coro da Asociación Recunchos de Ribeira de Piquín e a Banda de Música de Meira.
12:30.- Descubrimento e inauguración dun busto e placa dedicatoria a D. Xosé Manuel Seivane Rivas na praza do Chao de Pousadoiro.
13:00.- Inauguración dunha exposición retrospectiva sobre o homenaxeado no CEIP Aníbal Otero. Estará aberta de 13:00 a 14:30 e de 17:00 a 20:00 h.
14:00.- Xantar. A organización disporá dun servicio de catering tanto para o xantar como para a cea instalado no polideportivo municipal en no que se servirán menús que se poñerán á venda a prezos populares (25 ? o xantar e 6 ? a cea) para tódolos asistentes que queiran.
Pódense retirar as invitacións na sé da Asociación organizadora previo ingreso do importe na conta do Banco de Galicia de Meira 0097 8505 10 0600025507
O xantar consistirá nun menú tradicional galego a base de empanada, polbo á feira con cachelos, cocido, postre, pan, bebida e gotiñas de augardente.
O hotel Mirador de Barcia ofrecerá á familia Seivane e autoridades os mesmos menús, poñendo á venda o resto das prazas ata esgotar a capacidade do salón de banquetes.
17:00.- Actuacións:
? Grupo Os Carunchos patrocinada pola Asociación de Gaiteiros Galegos.
? Asociación Cultural Cantigas e Flores de Lugo.
21:00.- Cea. Consistirá en paella, pan e bebida e o prezo será de 6 euros.
23:00.- Concerto de Susana Seivane.
00:30.- Sesión de fogos artificiais.
01:00.- Verbena a cargo da orquestra Marimba.

 |
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Grazas e moitas felicidades Don Xosé, vai ser unha xornada para lembrar na memoria de todosnos.
Cantos sentimentos e recordo, #blgtk08#Susana ¡LUME! pola noite que sexa o mellor concerto da vida, trátase do XEFE.
Agarimosos saudos a Don Xosé e a familia Seivane |
|
|
Comentario por O novo (31-07-2008 10:27) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|