Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Nova Escola E-Trad en Vigo
O Concello de Vigo, a través da súa Area de Educación pon en marcha a e-Trad, unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano.

A e-Trad correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.

A e-Trad oferta dous tipos de enfoque educativo: o afeccionado e o profesional.

Afeccionado:
O público interesado poderá aprender a interpretación do canto e a música tradicional nun nivel básico.

Profesional:
O actual profesional da música ou futuro profesional vai poder formarse ou complementar a súa formación, tanto nas especialidades instrumentais e vocais como nos marcos teorico-prácticos que envolven a actividade musical. Para o mellor cumprimento desta función, a e-Trad oferta dous niveis diferentes do itinerario profesional, segundo as necesidades do alumnado.

Especialidades instrumentais e vocais:
- Canto popular,
- Violín folk,
- Gaita,
- Percusión,
- Zanfona,
- Requinta,
- Arpa céltica,
- Corda pulsada,
- Acordeón diatónico.

Atenderá a un máximo de 300 alumnos en cursos académicos de outubro a xuño.

Curso 2008 / 2009

Esquema do plan de estudos

*Realizar unha proba de aptitude.

*Optar a un dos seguintes itinerarios:

-Itinerario básico (176 horas / 2 anos)
.Instrumento
.Linguaxe musical
.Conxunto instrumental

-Itinerario profesional:
Nivel 1 "Instrumentista" (480 horas / 3 anos)
.Instrumento e materias específicas
.Materias troncais (comúns)
.Materias optativas .

Nivel 2 "Mestre" (512 horas / 3 anos)
.Instrumento, segundo instrumento
.Instrumento de acompañamento
.Materias troncais (comúns)
.Materias optativas

IMPORTANTE

Os alumnos que superaron as probas de acceso para o curso 2007-2008 e non puideron cursalo pola paralización de Artes e Oficios teñen reservada a praza para o curso 2008-2009, pero deben confirmar dita reserva antes do día 30 de xuño na Secretaría da EMAO.

Consulta a lista de alumnos con reserva de praza de Arpa, Canto popular, Gaita, Percusión, Requinta, Zanfona e Violín folk
en www.e-trad.org
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 30-06-2008 14:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 As dúbidas poden consultarse ao correo da escol#blgtk08#a E-trad de Vigo

e-trad@vigo.org
Comentario por Henrique (27-06-2008 14:03)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer