Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Alalá
O Alalá do luns 26 de xuño vai facer unha viaxe no tempo da mellor forma posible: indo de romaría a Vilanova dos Infantes. Alí os veciños ceden os baixos das súas casas para que se instalen artesáns que veñen de toda Galicia amosar o seu saber tradicional. Así que se queredes aprender oficios, bailar, cantar ou comer como facían os nosos avós este é o lugar; o único requisito é ir con ganas de divertirse e de aprender un pouco máis sobre nós mesmos.

A Romaría Raigame só se celebra unha vez ao ano; o 17 de Maio, Día das Letras Galegas. Detrás deste mundo de músicos e artesáns está o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo de Ourense. Deles partiu a idea e a materialización, porque levan máis de 30 anos a recoller e espallar todo o saber da nosa cultura popular con publicacións como a prestixiosa revista etnográfica Raigame, pero tamén difunden a través de obradoiros e clases de pandeireta ou baile, actividades onde os que destacan pasan a formar parte do prestixioso grupo Castro Floxo. Así que neste programa témolo todo: os artesáns, a romaría e os amigos de Castro Floxo, un luxo.


Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 23-06-2008 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Non é un gran día para ver o programa porque é a noite de San Xoan, pero se non o vedes hoxe recom#blgtk08#endovos que o descarguedes de internet porque realmente merece a pena.

Unha aperta.
Comentario por Alexandre (23-06-2008 17:52)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer