Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Presentación este luns do libro-CD... Para cantar e bailar

Edicións do Cumio comprácese de presentarlle o libro-Cd Para cantar e bailar, libro que recolle xogos e bailes procedentes da nosa tradición popular que o folclorista e mestre Luís Prego adapta para os nenos de hoxe.

Esta recompliación nace coa idea de servir para conservar e transmitir parte do amplo corpus de divertimentos que tiñan os nosos antepasados, formado por xogos e cantigas pensadas para seren empregadas en colectivo e nas que participaban tanto nenos como adultos. O libro comprende vinte e tres xogos e danzas con explicacións sinxelas das coreografías acompañadas por ilustracións de Serxio Cobos.

Acompáñanse tamén as letras adaptadas a nivel de lingua e de contido e as partituras das cancións, así como un CD cos temas musicais e unha pista de video onde atoparemos demostracións dalgúns dos bailes.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-05-2008 00:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer