Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os Carunchos no Alalá de hoxe
Hoxe, luns, día 19/05/2008

Un Caruncho é un músico cantareiro e bailador que se pode atopar en calquera festa comprendida entre Estaca de Bares e Portugal. Por iso hoxe Alalá estará cos Carunchos, un grupo que ten alma, voz e a súa propia filosofía. En primeiro lugar voz, potente e con aguante, porque a maioría das pezas dos Carunchos son cantadas.

A filosofía dos Carunchos é a "calma festiva", pois se hai que empeñar 14 anos para sacar adiante 3 discos empréganse e punto, iso si, facendo probas en foliadas, concertos e festas varias. E queda a alma dos Carunchos que é algo moi especial: Luís "O Caruncho", un músico excepcional e coñecido en toda Galicia como gaiteiro en pechado e regueifeiro invencible.
Outra das particularidades artísticas e humanas dos Carunchos é que son un grupo contaxioso, pois contaxian ganas de bailar, tocar e cantar; humor, ledicia e, sobre todo, festa. A mesma peza nunca a tocan igual, porque vanse cambiando os instrumentos, así que todos tocan de todo á vez que cantan.

Os Carunchos son novos, vailles a festa e tocan o que lles boten, así que o público xa pode estar preparado, porque neste Alalá vaille máis dun pé.


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-05-2008 00:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer