Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Mais autobuses para a manifestación
POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO

Autobuses desde as zonas para a manifestación do 18 de maio

O vindeiro domingo 18 de maio, Santiago de Compostela acolle unha grande manifestación que partirá ás 12 do mediodía da Alameda e finalizará na praza da Quintana.

Os buses son gratuítos e a hora de regreso falarase en cada un deles.



Zona A Barbanza

Haberá bus que sairá de Ribeira (da Estación de Autobuses) ás 10 da mañá e parará na Pobra do Caramiñal (Praza Maior), Boiro (diante do Concello) e Rianxo (parada de autobuses). Para te anotares, chama ao 699 116 776.

Desde Esteiro ás 11 da mañá, para máis información 609 437 908 (Carlos).

Desde Boiro ás 10:30 desde a parada de autobuses, Casa da Cultura da Cachada. Para máis información: 680 4702 93 (Xurxo).

Zona da Coruña:

Buses con saída ás 10.30 da mañá da Praza da Palloza (xunto á antiga Fábrica de Tabacos). Para te apuntares, chama ao 981 200 869 ou mándanos un correo a amesa@amesanl.org

Zona da Mariña

Haberá buses desde todas as localidades en varias rotas.

En Foz, diante do Concello tamén e ás 9:00.
En Riotorto, diante do Concello ás 9:30.
En Burela, na Estación de Autobuses polas 9:00 e pasará por Xove, Cervo e Viveiro.
En Ribadeo, tamén na Estación de Autobuses ás 9:00 e parará por Barreiros, Lourenzá e Mondoñedo.


Para te anotares ou para máis información, chama ao 982 140 654 ou ao 636 500 651

Concello de Ames

O Concello de Ames pon ao dispor de quen o precisar un servizo de transporte gratuíto desde Bertamiráns e O Milladoiro.

Para utilizalo é preciso apuntarse antes do 13 de maio chamando, das 9.00 ás 15.00, ao teléfono do Servizo de Normalización Lingüística de Ames: 981 884 991.

Zona de Arzúa:

O autobús sae de diante do Concello ás 10:00. Para apuntáreste e máis información: 981 500 222 (Luísa).

Zona do Baixo Miño

Sairá bus do Concello de Tomiño (Praza do Seixo) ás 9.30 da mañá: para te anotares, tés que chamar ao Concello de Tomiño: 986 622 003.

Sairá tamén un bus desde A Guarda (Alameda), ás 9.30 da mañá: parará no Rosal (Tamuxe); en Goián (parada de bus); en Tomiño (parada de bus) e, por volta das 10.00 da mañá, en Tui (Paseo da Corredeira).

Para te anotares, chama ao 666 518 365 (Alberte).

Zona de Bergantiños

Ás 10 da mañá desde o Campo da Feira de Paiosaco e pasará ás 10.30 pola Praza do Concello de Carballo.

Para te anotares, chama ao 981 704 063 ou o 636 643 731.

O bus poderá facer paradas por outras localidades, entre Carballo e Santiago, en función da demanda (información especialmente dirixida a Bembibre e Portomouro).

Zona de Ferrol:

Autobuses desde Ferrol: saída ás 10.30 da mañá da praza de Galiza, diante do Teatro Jofre.

Para te apuntares, chama ao 981 364 058 ou mándanos un correo a amesa@amesanl.org

Zona de Lemos

Os buses da zona de Valdeorras poderán facer paradas en función da demanda en Quiroga, Monforte e Chantada.

Para te apuntares, chama ao 622 53 80 10.

Zona de Lugo:

Bus con saída de Sarria ás 9.15 da Rúa Calvo Sotelo (no cruce coa Cigüeneiñeira), con parada ás 10 da mañá en Lugo (Ronda da Muralla, Edificio dos Sindicatos) e ás 10.30 da mañá na área de servizo da autovía A-6 de Guitiriz.

Bus con saída de Antas de Ulla ás 9.45 desde a Praza de Antas: paradas en Monterroso (parada de autobuses na estrada de Palas) ás 10h e en Palas de Rei ás 10.15h (na estrada de Compostela).

Para te apuntares, chama ao local nacional da Mesa (981 563 885), ao 620 565 712 (Fernán) ou mándanos un correo a amesa@amesanl.org

Zona do Morrazo

Sairá un autobús de Moaña, ás 10h (Xunqueira), pasará ás 10:30 por Cangas (Estación de Autobuses), e ás 10:45 por Bueu (parada da Unión).

Sairá outro de Marín, ás 10:30h (Escola Naval) e para te anotares chama ao 986 890 488 (Concellaría de Cultura) ou no correo culturamarin@yahoo.es.

Para anotarse nestes autocarros, chamar á CIG de Cangas no 986 302 987 ou á libraría O Pontillón de Moaña, no 986 313 414 (Benxamín).

Zona Muros-Noia

Desde o Porto do Son sairá ás 10:30 horas (local do BNG) e pasará pola Estación de Autobuses de Noia ás 11:00. Para máis información: 667 461 928.

Zona do Condado

Sae ás 10 da mañá sae o bus da parte posterior do Concello (pasará tamén polo Porriño). Podes chamar ao local do BNG de Ponteareas 986644026-4602 para informáreste.

Zona do Deza

Garantirase transporte a Santiago de Compostela para quen o precisar. Para te anotares, chama antes do 16 de maio ao 659 139 434 (Luís) ou envía un correo a amesa@amesanl.org

Zona do Salnés

Sairá un bus desde o Auditorio de Vilagarcía de Arousa ás 10:30. Para máis información chama ao 981 512 600. (Concellaría de Cultura)

Zona de Ourense

Ás 9:30 sairá un bus na Bola que sairá de diante da casa do concello. Para te anotares chama ao 988 451 293 (Casa do Concello).

Haberá bus que sairá ás 10 da mañá desde o Parque de San Lázaro (pasará polo Carballiño). Pódeste anotar chamando ao 981 563 885 ou escribindo un correo cos teus datos a amesa@amesanl.org


Zona de Pontevedra

Saída ás 10:30 no Pavillón de Deportes de Pontevedra.

Anotarse até xoves ás 15 h. no tlf: 986.845.195, en horario de 9 a 15 h.

Anotarse no local do BNG en Pontevedra no tlf: 986 866 205 / 986 866 205 até xoves ás 21 h. en horario de 10 a 14 e de 17 a 21 h.

Saída da Lama ás 10 da mañá desde o Concello; pasa por Ponte Caldelas ás 10:30 (parada do autobús diante da fonte).
Chamar a Erundina: 639 342 959

Zona de Valdeorras:

Buses con saída do Barco de Valdeorras ás 8:30 da mañá (desde a Casa do Concello). Pararán tamén na Rúa de Valdeorras (diante da Casa do Concello) ás 8:45.

Para te apuntares, chama ao 622 53 80 10 antes do día 15 de maio.

Zona de Verín

Sae un bus da Gudiña ás 8:15 desde diante do bar Bruma. Parará en Verín, na Praza do Concello. Para máis información chama ao 988 590 021 (local do BNG).

Zona de Vigo

Sairán buses desde Vigo, Redondela, Mos e O Porriño.

Vigo: ás 10 da mañá desde o Colexio dos Salesianos na rúa Venezuela (bus do BNG). Para te anotares e máis información: 616 964 027.
Tamén haberá outro ás 10 desde o quiosco fronte ao Concello (avda. Camelias). Para te anotares e máis información chama ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo (986 810 281).

Mos: ás 10 da mañá desde o local do BNG (Avenida de Vigo, 38 – Puxeiros - Tameiga). Para te apuntares podes chamar ao 658 470 255 (BNG Mos).

Redondela: ás 10:15 da mañá desde a Praza de Ribadavia (ou da Farola). Chama ao 986 400 300 (Servizo de Normalización Lingüística do Concello) para informarte.

O Porriño: para te informares e anotares, chama ao 986 33 72 63 (Local da CIG)

Para os demais buses, pódeste anotar chamando ao 981 563 886 ou enviando un correo a amesa@amesanl.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2008 14:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer