Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XXVI Festa das letras
A Asociación Cultural Monte Branco do Couto presentou o programa para a XXVI edición da festa das letras, coa que colabora o Concello de Ponteceso.

Música, artesanía, obradoiros de lectura, exposicións, cine ou teatro entre a morea de actividades que se desenvolverán entre o sábado 10 e o domingo 18 de maio deste 2008. Persoeiros como Artur Trillo, Cándido Pazó, Toño Casais ou Quico Cadaval compartirán a súa sabedoría e grupazos como Kepa Junquera e Berrogüeto mostrarán o seu folk para o deleite de toda a bisbarra.

Como todos os anos, O Couto convértese na referencia cultural, non só comarcal, se non tamén galega polo esforzo e traballo das xentes que forman parte desta entidade cultural. O Couto está na estrada que une Ponteceso e Corme a un quilómetro da capital do concello, na parroquia de Cospindo.


Venres 16 maio 2008: Contos e Cantos

- EXPOSICIÓN de Kalandraka Editorial.
- 10.30, 11.30 e 15.30 h. CONTOS E CANTOS PARA ESCOLARES de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria dos centros de ensino da comarca.
. - LECTO-AVENTURA actividade dirixida a escolares bergantiñáns que consiste nunha sesión de animación á lectura no cuarto dos libros cun CD interactivo baseado na obra de Xelucho Abella Chouciño Gundar e o cabalo de oito patas.
- 18.00 – 20.00 h. ETAPAS PARA UN ITINERARIO PONDALIANO: Capítulo 5: Entre o encontro coa auga bendita e a derradeira vontade. A cargo de Luís Giadás e con música de harpa e violín de Alfonso Franco e Paula Oanes. (Casa do Cura);
- 20.30 h. PROGRAMA SOLPOR actividade dirixida ó público familiar con Fredi Muíño, Un día de treboada.
- 22.00 h. CINEMA DIXITAL + MÚSICA EN DIRECTO (na Casa do Cura): Clásicos DE CINE The Kid de Charles Chaplin + Música de Ancestral.
- 22.30 h. MEMORIAL CHICHO DO COUTO: Teatro con Dequenquén, As cicatrices da memoria e Actuación música folk de Vaamonde, Lamas & Romero.

Sábado 17 maio 2008: Homenaxe a Xelucho Abella

- 9.00 – 11.00 h. PROGRAMA Radio Voz Bergantiños.
- 10.30 h. Pasarrúas de Inllar11.00 h. Apertura da Mostra do Libro Galego.
- 11.30 h. HOMENAXE A XELUCHO ABELLA. Presentación do CD Gundar e o cabalo de oito patas. Inauguración da exposición sobre esta narración literaria.
- 12.00 h. ESPECTÁCULO LITERARIO (poesía + música) con Paco Souto e Serxio Moreira.
- 12.15 h. XOGOS DA IGUALDADE (Encontro de Billarda na Memoria de Chicho da Bartola);
- 12.30 h. Representación do grupo musical Donaire da Coruña e a Banda de Gaitas Malante de Malpica de Bergantiños.
- 14.00 h. XANTAR DE HOMENAXE a Xelucho Abella Chouciño.
- 17.00 h. NA MEMORIA DE MANUEL MARÍA E SUSO VAAMONDE: Representación a cargo da compañía Trinke – Trinke, Os soños na gaiola.
- 18.00 – 22.00 h. OBRADOIROS de capoeira , percusión afrobrasileira e txalaparta. Exhibición de capoeira.
- 22.00 h. Actuación de música folk a cargo de PÉ DE BOI.
- 23.00 h. Concerto FOLK con KEPA JUNKERA.


Domingo 18 maio 2008: XXVI FEIRA DE ARTESANÍA
- 11.00 h. Apertura da XXVI FEIRA DA ARTESANÍA. Obradoiros e demostracións nas haimas durante todo o día.
- 11.15 h. Apertura do salón LECER;
- 11.30 h. Pasarrúas da Charanga Os Celtas;
- 12.00 h. Polifonía da Coral Brisas do Mar de Corme na igrexa de San Tirso de Cospindo.
- 12.45 h. CONCERTO MATINAL da Banda de Música Eduardo Pondal.
- 13.30 h. ACTUACIÓN dos grupos de música e baile tradicional A. C. Monte Branco con estrea de traxes tradicionais.
- 17.00 h. ESPECTÁCULO de Raigañas, Terra de Bergantiños.
- 19.00 h Actuación FOLK con BERROGÜETTO
- 21.00 h. CLAUSURA.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2008 13:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer