Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cd e concerto
O próximo Día das Letras (Sábado 17 de maio), preséntase na Estrada o CD recopilatorio "En Pé na Estrada", que inclúe temas de grupos como DisKordia, Esquíos, Extridentes, Galegoz, Nao, Indana... e así ata 17 bandas.

Co motivo da saída do CD celebrarase na praza do Concello un concerto coas actuacións de Esquíos, Vael, Extridentes e Diskordia, ademais dos Pants Off (que non aparecen no CD).

Por outro lado, os DisKordia aproveitarán este acto para presentar nova cantante, novo nome e dous novos temas gravados na Radio Galega como premio por seren finalistas do GZCrea 07.

O CD recopilatorio de grupos da estrada está editado pola Asociación "A Estrada en Pé", e pretende recopilar o traballo de moitos dos grupos existentetes no Concello da Estrada.

17 temas e 17 grupos de moitos estilos diferentes recóllense neste CD que se vende cun custe de 10 € ou 15 € acompañado dunha camiseta coa caratula.

Os fondos recaudados iran destinados a financiar parte do Festival que se organiza na Estrada o primeiro fin de semana de setembro "Pé na Estrada".

O CD pódese comprar en distintos locais e bares da Estrada así como solicitalo por correo-e a pe@aestrada.comEste endereço de email está protegido contra spam bots, pelo que o Javascript terá de estar activado para poder visualizar o endereço de email ou por teléfono chamando ó 660 136 787 (kike).

www.komunikando.net

O traballo discográfico inclue música de todos os estilos, dende o folc até o rock duro, pasando polo pop e o jazz: Linho do cuco, Pé de boi, Matraca perversa, Galegoz, Le glamor grotesque, Sgpop, Black Coffee e Carlos Barruso Cuarteto, X. M. Alén, Apocalypso, Esquíos, Nao, Indana, Extridentes, Diskordia, Namek, Vael ...

O CD poderá conseguirse este sábado no concerto de presentación. O lote de cedé e camiseta có anagrama «Pé na Estrada» costará 10 euros.

O concerto comenzará en torno ás 22.30 horas na praza do Concello con entrada de balde.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2008 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer