Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Milladoiro e Cuarteto Caramuxo na Coruña
Milladoiro e o Cuarteto Caramuxo actúan na Coruña o Día das Letras

A consagrada formación Milladoiro e o cuarteto Caramuxo, gañador do Concurso Festival Folk Cancioneiros da Fundación Barrié, ofrecen o 17 de maio na Coruña o concerto final do certame, convocado pola entidade.

O concerto será o colofón do certame convocado pola fundación Barrié coa finalidade de divulgar o patrimonio da música popular galega e de fomentar entre os grupos folk afeccionados o interese polo repertorio de cancioneiros como o Cancioneiro gallego, de Torner e Bal y Gay, e o Cancioneiro musical de Galicia, de Casto Sampedro y Folgar, acabados de editar pola entidade.

Cuarteto Caramuxo obtivo un premio consistente en 6.011 euros, a gravación dun disco editado pola fundación e a participación neste concerto final. O Cuarteto Caramuxo naceu en 1990 a partir dunha formación de catro clarinetes de repertorio clásico do Conservatorio de Vigo, aos que máis tarde se uniron unha percusionista e un acordeón. en 2007 participaron no programa 'Concertos para escolares' e 'Concertos en familia' co espectáculo Calcetín amarelo xunto a compañía Cachirulo

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2008 09:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer