Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Tradurbán
Tradurbán é un espectáculo deseñado especialmente para o ciclo de concertos didácticos que terá lugar en diversos centros de ensino secundario da cidade de Vigo con motivo da celebración da semana das Letras Galegas 2008.

O concerto articulase en torno á descripción didáctica dos procesos de urbanización que presenta a música tradicional dando lugar ao folk contemporáneo, formas, presentación dos instrumentos, xéneros e outros elementos que, con carácter pedagóxico, procuran a comunicación co público máis novo e a súa integración na dinámica do espectáculo.

A música tradicional, creada durante xeracións nun contexto case exclusivamente rural, trasládase ás cidades coa creación dun novo xénero musical con apenas 40 anos de historia: o Folk.

Seis dos músicos máis influintes na historia pasada e recente deste xénero trasladan a escea todos os elementos distintivos que teñen levado a música folk galega a ser considerada unha das máis importantes e valoradas da tradición musical europea: Anxo Pintos (zanfona), Xaquín Xesteira (gaita e percusión), Xosé Liz (bouzuki, requinta), Alfonso Franco (violín) e Francisco J. Feijoo “Chisco” (voz e percusión) forman os Mestres da Fundación Sondeseu, a eles engádese a colaboración especial de Rodrigo Romaní (arpa e guitarra acústica).
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-05-2008 02:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer