Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

III Foroboi en Allariz

AS DANZAS PROCESIONAIS
Do 13 ao 16 de maio

Se algo xustifica que un boi corra polas rúas de Allariz é a memoria.
A Fundación Xan de Arzúa asume a responsabilidade que lle corresponde promovendo este III ForoBoi: “As Danzas Procesionais”.

Tempo para a análise poliédrica, o debate e a participación mediante relatorios, cinema, música e danza. O noso presente como pobo vén condicionado polo pasado. Coñecendo este, colocarémonos na dirección axeitada para planificar o futuro e isto último, o futuro, semella primordial porque, como xa se ten dito, é onde viviremos os próximos anos. Que o gocemos e lle deamos bo proveito.

13 - MAIO
20,30 h “Confrarías e Gremios na Galiza baixo-medieval. O caso de Allariz”.
Relator: Anselmo López Carreira. Profesor-Titor na UNED-Ourense.

14 - MAIO
20,30 h “As Danzas procesionais, orixe, significado e execución”.
Relator: Francisco Xavier Castor Álvarez Campos. Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo.

15 - MAIO
20,30 h Cinema documental
“Nuestras fiestas de allá” (Esp,1928).
Dir.:José Gil
“Cádavos 1999, a danza despois de 50 anos”(Ou,1999).
Traballo de recuperación:Escola de Danza da Deputación.
Presentan:Manolo González - Axencia Audiovisual Galega - e Fco. Xavier Castor Álvarez Campos - Centro da Cultura Popular Xaquín Lourenzo -


16 - MAIO
20,00 h Mesa Redonda: “As danzas brancas ou procesionais: estado da cuestión”
Relatores: Xosé Manuel Longa(presidente Asoc. Farsa de Carril), Xosé Anxo García Morais(alcalde de Laza), Alfonso Carlos Lois Suárez (técnico de cultura de Xinzo), Modera: Antonio Blanco Rodríguez (historiador).

21,00 h Obradoiro-Demostración.
Participa: Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-05-2008 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer