Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Semana retranqueira das Letras Galegas

Para celebrar o Día das Letras Galegas en Retranca decidimos encher os días previos á festa cunha morea de actos Retranqueiros. O noso vindeiro número de Retranca que estará na rúa a vindeira semana entra de cheo no debate BILINJÜE en Galicia. Para converter o día das letras nalgo máis ca un día onde se celebra aos mortos que escribían en galego, nós que estamos tamén mortos (por algo somos A Santa Compaña) queremos celebralo por todo o alto coa Semana da lingua Retranqueira.

LUNS 12 DE MAIO:
Celebración de visitas guiadas pola Exposición Retranqueira que se pode ver estes días en Redondela.

XOVES 15 DE MAIO:
traslamos a festa a Vigo, onde a libraría Librouro acollerá, ás oito da tarde, unha presentación do número especial de Retranca sobre o debate da lingua.

VENRES 16 DE MAIO:
peregrinamos ata Compostela, a libraría COUCEIRO que acollerá unha sesión de sinaturas de autores coma Kiko da Silva, Jacobo Fernández, Andrés Meixide ou Luís Davila ou Pestinho+1 e moitos máis.

VENRES 16 DE MAIO POLA NOITE:
Para despois está prevista na mesma cidade a celebración dunha cea entre os autores para conmemorar o Premio do Público que a revista levou no último Saló de Barcelona.

http://revistaretranca.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-05-2008 00:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer