Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xantar-romaría das Letras no Parque de Castrelos (Vigo)
Xantar popular no parque de Castrelos.

Aquelas persoas que o desexen poderán mercar a “Cesta das Letras”. Estas cestas, para catro ou seis persoas, serán entregadas a quen o día 17 de maio, no parque de Castrelos, entreguen o xustificante de ingreso no número de conta de Caixanova 2080-0097-44-0040010574 (Cátering Don Pepe).

No ingreso deberán constar: nome da persoa que o solicita e que vai recoller a cesta, e o concepto “COMIDA POPULAR 17 de maio”

Os prezos das cestas son:

--48€ cesta para catro persoas. (A proporción dos produtos está pensada para catro persoas, sae a 12€ por persoa)

--72€ cesta para seis persoas. (A proporción dos produtos está pensada para seis persoas, sae a 12€ por persoa)

A cesta estará composta por viño, refrescos, auga , cervexa, lacón, queixo de tetilla, polbo á vinagreta, ensalada rusa, chourizos galegos, empanada de lombo, pan, iogur, torta de améndoas e froita doazón de Frutas Nieves.

O prezo inclúe a propia cesta, un mantel e 4 ou 6 cuncas gravadas cunha lenda conmemorativa desta data.

A data límite para facer o ingreso é o día 13 de maio.

Contarase cunha gran carpa, mesas e todo o parque de Castrelos para gozar da comida ao aire libre.

A partir das 14:00h no parque de Castrelos

“A Festa”

Continuación do Xantar popular, música, xogos tradicionais, o xogo dos Comeletras, exhibición de Bolos Celtas, lectura de textos de Álvarez Blázquez, exhibición de Cestería,...

Esta é a troula despois dun bo xantar, e para animarnos a música das gaitas de Zurrumalla, agrupación de música tradicional de Coruxo, e xogos populares como a ra, a chave, os pelouros,... e moito máis, tes onde elixir. Só tes que dar boa conta dos temibles bechos-xigantes, os Comeletras, que tentan amargarnos o día comendo as letras da nosa lingua, non deixes que acaben con ela.

E para rematar un día de Festa a actuación do grupo Na Virada

Para levarnos por esta festa a ritmo de tren, para gozar coa súa actuación e para facer desta festa, unha FESTA con maiúsculas, contamos para a presentación con Eva e Cecilia, A Loco Motora.

O museo Castrelos, “Quiñones de León” tamén ofrecerá visitas guiadas en grupos para todas as persoas, que así o soliciten, no posto que haberá habilitado para dita función no parque de Castrelos a partir das 14:00h.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2008 09:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer