Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Once anos despois... único concerto dos Drinkin´Tinto |
|
DRINKIN´TINTO
ONCE ANOS BEBENDO EN TODOS OS BARES
O nome Drinkin'tinto (bebendo viño tinto), xurdiu da idea de cinco colegas que se reunían contínuamente para beber kalimotxo e cervexa polas tardes. Despois de varios anos de experiencia alcoholica pensaron en formar un grupo rock. O resultado foi Drinkin'tinto.
DRINKIN'TINTO formouse nos meses de nadal do ano 1996 - 1997. A súa formación orixinal non sufriu ningún cambio ata o de agora, contando cos seus cinco compoñentes iniciais: Deví: Voz, Markos: Guitarra 1, Luis Fortunez : Guitarra 2, Charlie: Baixo, Arturbo: Batería.
Os primeiros concertos da banda realizáronse en varios institutos de Santiago de Compostela, chamando a atención dun público que se identificaba coas súas letras e que demandaba aos Drinkin?tinto para todo tipo de concertos e festivais para a mocidade.
Ao pouco tempo de comezar a tocar e de ensaiar no ?galpón dun tapiceiro? da súa aldea, elaborouse un repertorio de cancións propias en galego e a xente comezou a pedir un disco dos Drinkin?tinto, para poder levar para casa e poñer nos locais que máis frecuentaban. Con este motivo xurdiu a oferta de Galiza Up Récords para gravar o primeiro disco, titulado ?Collleita Propia?, editado no ano 1999. Onde destacan temas como ?Corrupsión na Esclavitud?, ?Dulce pirica?, ?A Nosa Canción? ou ?Ceibe?.
Durante os anos 2000 ? 2002 presentaron ?Colleita propia? por toda Galicia, dando a coñecer o seu traballo e participando en diferentes programas de radio e televisión.
Despois de dous anos de troula por tódolos bares e locais de concertos do país, o grupo edita un novo disco coa produtora galega Edicións do Cumio no ano 2002. Un traballo discográfico que titulan ?Lei do botellón? e no que inclúen seis novos temas que supoñen unha clara evolución musical na banda, pero sempre mantendo a mesma forza e vitalidade que os caracterizaba.
No ano 2004, a ausencia de dous membros da banda obrigou a disolver o grupo nun dos momentos de maior actividade do mesmo. Manténdose unha moi boa relación entre tódolos compoñentes e xuntándose algunha que outra vez para recordar os bos momentos vividos dende o 1997.
Once anos despois da súa formación, e non dez, os Drinkin?tinto regresan para realizar un único concerto de homenaxe na Sala Nasa, a sala onde presentaron os seus dous discos nos anos 2000 e 2003 respectivamente. Un único concerto no que contarán coa participación de numerosos artistas convidados e no que, sen dúbida, sorprenderán de novo coa súa posta en escena e as súas cancións. Como non podía ser doutra maneira, o viño tinto será gratis para tódolos asistentes durante a actuación.
Sábado 29 de marzo ás 22,00h na Sala Nasa
7 ? | Tripulación: 5 ? - Por Internet: 5 ?
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|