Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Tres Peixes Voando en Vigo |
|
 Un marraxo, unha xarda e un bacallau, tres peixes que voan dende os mares galegos coas músicas do mundo. Dúas voces e unha guitarra de máxima actualidade na música galega: Ugía Pedreira (Marful), Xabier Díaz e Guillerme Fernández (Berroguetto).
Dende xaneiro ate abril percorren moitas vilas galegas nunha xira na que levan aos escenarios as cancións que versionean no programa da Radio Galega: versións de grandes clásicos populares en galego, portugués, español, inglés, francés ou italiano. Podemos escoitar na guitarra de Guille e nas voces de Xabier e Ugía, a Caetano Veloso, Djavan, Lenine, Paolo Conte, Pedro Guerra, Henri Salvador, Misia? e tamén a canción galega dos anos 70, a movida viguesa dos 80 ou a nova composición dos 90.
Aproveitando o feriado en Vigo estarán este vernes 28 de marzo ás 22:30 na Fábrica de Chocolate Clube
Entrada Única 3?
Vindeiros concertos:
29 de Marzo Carral ( Sala the star)
4 de Abril Santiago (Pub Crooner)
12 de Abril Lugo (Sala Clavicémbalo)
www.myspace.com/trespeixesvoando |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|