Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Alalá con Ardentía |
|
Hoxe, martes, día 25/03/2008
Como son os gaiteiros do século XXI? Esta noite o programa achégase ao grupo Ardentía de Vigo, gaiteiros urbanos que cambiaron os sachos polas gravatas ou as eiras polos pubs. Unha guía para superviventes que queiran vivir a música tradicional nunha cidade.
Antigamente os gaiteiros vivían e movíanse polo rural, pero hoxe? Como vive hoxe un gaiteiro urbano de 28 anos? Onde traballa? Que música fai? Para atopar as respostas a estas preguntas Alalá coñeceu en Vigo o grupo Ardentía, un grupo de músicos evolucionados, pero con espírito tradicional. Cambiaron os sachos polas gravatas ou as feiras polo "Carrefour", pero no fondo son o mesmo: axentes de seguros ou vendedores de bazar que coa gaita incorporan "boozoki" e incluso compoñen algún tema, aínda que a base do seu repertorio é a recolleita e o tradicional.
Os seis compoñentes de Ardentía viven a música nunha cidade coa mesma intensidade coa que se vivía antes no rural, por iso ao escoitalos o corpo móvese só. Como non hai airas ou fiadeiros para montar unha festa, van a un bar de tapas da cidade. Como na casa non teñen taller para construír os instrumentos fannos na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Ardentía son novos, viven na cidade e traballan con gravata, pero para eles a música serve para o que sempre serviu: para a festa. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|