Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
X ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO |
|
 X ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO
A Asociación Cultural de Meiro (Bueu) organiza o X ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO. Esta celebración de artesanía agroalimentaria é a culminación anual dun ciclo de traballo a prol da recuperación deste millo escuro que corre o perigo de desaparecer.
Este ano é especialmente importante xa que se celebra a décima edición deste evento.
PROGRAMACIÓN MARZO 2008
?OBRADOIROS:
OBRADOIRO DE CESTERÍA TRADICIONAL. Realizaranse os días 24 e 26 de marzo. É necesaria inscrición previa. Prazas limitadas.
OBRADOIRO DE FOLLACO. Realizarase os días 25 y 27 de marzo. Prazas limitadas. Necesario inscrición previa.
?VENRES 28 DE MARZO
MUIÑADA. Comezará ás 10:00 horas e poderase visitar ó longo de toda a xornada. Pola noite haberá música tradicional. Para rematar a xornada, ás 12:00 horas da noite farase unha queimada.
?SÁBADO 29 DE MARZO
EXPOSICIÓN. Exposición dos 10 anos da Recuperación do Millo Corvo en carteis e imaxes de tódalas actividades da asociación.
Charla ? coloquio: ?O rural, encontro entre o home e a natureza?. Nesta charla realizarase un percorrido polas tradicións, usos, lendas e curiosidades das plantas e animais máis directamente vencellados ao medio rural, facendo especial fincapé na importancia do home como conservador da biodiversidade. A charla ? coloquio dará comezo ás 18:00 horas. Ponentes: Alba Dasairas e David Álvarez.
Festival ?A PAN DE MILLO?. Actuacións de agrupacións tradicionais de música e baile. Comezará ás 20:00 horas. Actuarán:
- Grupo de baile Soavela
- Grupo de baile da Asociación Cultural Abiñadoira
- Banda de gaitas Manxadoira
ECOTABERNA. Poderanse degustar diferentes tapas e platos elaboradas con millo corvo.
?DOMINGO 30 DE MARZO
X ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO
10:00 horas. Ruta de senderismo: ?O rural, encontro entre o home e a natureza?. Roteiro que completa a charla do sábado 29 que ten o mesmo nome.
11:00 horas. Apertura das carpas gastronómica e de artesanía.
12:00 horas. Presentación do número 6 da revista A Lingua do Corvo.
12:30 horas. Lectura do pregón a cargo de Yolanda Castaño (poetisa galega)
12:45 horas. Actuación de ?NA VIRADA?
16:00 horas. Representación de títeres ?O tranqui pasou por Meiro?, por conta da sección infantil do grupo de Teatro Simalveira de Meiro.
16:30 horas. Charla: "O Grupo de investigación arqueolóxica e etnográfica ¨"A Laxe da Irena" e o seu proxecto para Ponte Caldelas". Relatarase os obxectivos do Grupo "A Laxe da Irena", as súas actuacións e o seu proxecto para Ponte Caldelas. Se visionarán dous DVD, un sobre o Roteiro do río San Vicente e outro sobre o patrimonio histórico de Ponte Caldelas. Ponente: Buenaventura Aparicio Cansado (Doutor en Historia, antropólogo, fundador e coordinador do Grupo "A Laxe da Irena").
17:30 horas. Actuación das Pandereteiras de Toutón.
19:30 horas. Actuación de: Pepe Vaamonde Grupo.
Durante todo o día:
Degustación de alimentos elaborados co millo corvo.
Elaboración de recetas tradicionais co millo corvo na Ecotaberna.
Exposición etnográfica.
Exposición de carteis e imaxes dos 10 anos da recuperación do millo corvo e de actividades da Asociación Cultural Meiro.
Rutas guiadas ao muíño da Presa.
Talleres e obradoiros artesanais:
?Obradoiro de cestería.
?Taller de carpintería: arranxo dun carro.
?Taller de abanos de carballo.
?Obradoiro de follaco.
Proxección de vídeo e diapositivas do proceso de recuperación do millo corvo.
|
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
hei! tan só unha cousiña!! en lugar de Alba, a charla coloquio deste sábado ás 6 da tarde ao final a impartirá #blgtk08#a nosa Marga (jas), cambio de plans!! jeje, animadevos a ir, que ben sei que pagará a pena.
Unha aperta! |
|
|
Comentario por maguey (27-03-2008 16:37) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|