Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Historia do cómic galego |
|
'Historieta Galega': unha ollada retrospectiva cara a BD do país (28/02/2008) A banda deseñada galega conta xa cunha longa traxectoria, e iso vén a mostrar a exposición 'Historieta Galega 1973-2008' que dende o 6 de marzo até o 8 de xuño poderemos visitar no Auditorio de Galicia. Aproveitando a ocasión, tamén haberá actividades paralelas entre as que se atopan visitas guiadas, clases maxistrais e obradoiros para nenos. A mostra está organizada pola Concellaría de Cultura, a Consellaría de Cultura da Xunta e patrocinada pola Dirección Xeral de Xuventude e a Fundación Feima e fai un percorrido pola historia do cómic galego. Haberá un apartado especial para os autores do Grupo Castro, deron os primeiros pasos no mundo da BD galega con A cova das choias en 1973. A partir de aí farase un seguimento cronolóxico das obras e e autores partindo de exemplares orixinais. Tamén haberá espazo para os autores que sendo galegos tiveron que traballar no estranxeiro, como Miguelanxo Prado, Suso Peña ou Víctor Aparicio. Xaquín Marín recibirá unha homenaxe especial en recoñecemento á súa traxectoria. Clases Maxistrais A historieta está a acadar unha grande importancia dentro do mundo da creación, e chega xa a ser considerada como a novena arte. Son diversas as metodoloxías que utilizan os profesionais do debuxo. Ao tempo que se celebra a exposición prográmanse unha serie de actividades que contan cun programa de Clases Maxistrais nas que se porá a disposición dos debuxantes e guionistas galegos a ocasión de crear un proxecto de historieta baixo as directrices de profesionais de recoñecido prestixio. |  | Estas clases, que terán lugar os venres 28 de marzo e 4, 11 e 25 de abril terán como mestres a Miguelanxo Prado e Carlos Giménez, dous debuxantes de grande calidade gráfica; Carlos Portela, especializado en guións para cómics, e Antonio Vázquez, da imprenta Tórculo. Os destinatarios destas clases son calquera debuxante ou guionista galego, sen límite de idade, que desexe coñecer as entrañas da creación e produción dunha historia. | Para poder inscribirse deben presentar un proxecto curto para unha historieta de 4 a 8 páxinas e un bosquexo debuxado dunha páxina e teñen para presentalo ata o vindeiro 7 de marzo. Haberá un máximo de 15 alumnos que se seleccionaran mediante eses traballos de presentación. A finalidade das clases é a realización do proxecto de historieta de cada alumno e os mellores traballos serán publicados no mes de xuño e presentados aos medios na clausura da exposición. |  Debuxo de Miguelanxo | Admitiranse proxectos até ás dúas da tarde do 7 de marzo, que deberán ser entregados no Auditorio de Galicia. Tamén se admitirá o material selado en oficinas de correos até o día 7 de marzo incluído. Non se aceptará documentación recibida con posterioridade á data indicada. A lista das persoas admitidas publicarase nesta páxina. O prezo do curso para o alumnado seleccionado será de 100 euros e poderá pagarse nas oficinas de Caixanova até o 23 de marzo. Máis información nos documentos adxuntos e no número de teléfono: 981 55 22 90. Para rapaces e rapazas O Auditorio de Galicia será tamén o marco doutras actividades paralelas que terán ligar os sábados 8, 15 e 29 de marzo e o 5 de abril. Contará con obradoiros e visitas guiadas na propia sala de exposicións, que correrán a cargo de Jacobo Fernández, Fran Bueno, Pepe Carreiro e Norberto Fernández e son de entrada libre até completar o aforo. O 6 de xuño haberá unha xornada final na que se presentará o resultado destas clases maxistrais, se fará unha visita guiada polos autores sobre a mostra e pecharase cunha homenaxe a Xaquín Marín.
|
www.compostelacultura.org |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|