Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Coanhadeira gañador do IX Certame Folk Radio Obradoiro
O grupo de Ourense poderá gravar o seu primeiro CD tras alzarse coa vitoria no IX Certame de Música Folk Radio Obradoiro.

O grupo Coanhadeira, de Ourense, alzouse este venres coa vitoria na fase final do IX Certame de Música Folk Radio Obradoiro, organizado polo Grupo Correo Gallego, e que tivo lugar en Santiago. Ante un Teatro Principal ateigado de público para unha gala conducida por Paulo Gacio -director e presentador do programa radiofónico En clave de folk, da emisora compostelá- e Sandra Romero, os vencedores deron boas mostras de por que teñen dereito a gravar o seu primeiro disco, interpretando Muiñeira de Antela, O fiadeiro e Serán en Liñares.

Unha final que porén estivo moi rifada pola incrible calidade dos catro seleccionados, como xa adiantaran hai días os organizadores do certame, e que nesta edición se abriu a fóra de Galicia. Os outros participantes na gala foron Cobalblu, de Pontevedra; Ghaita Depedra, de Lugo, e Nemon, de Bizkaia. Esta última formación está integrado por fillos de emigrantes galegos, polo que foron os máis ovacionados, e con eles é a primeira vez que no certame participa un grupo vasco.

Respecto do xurado encargado de decidir o gañador, o mesmo estivo composto por Ramón Feáns, músico do grupo Xúa; Xandra Tedín, presentadora do programa Miraxes de Televisión de Galicia; Benxamín Otero, profesor do Conservatorio Folque de Lalín; Roberto Rama, integrante do grupo Fía na roca, e un representante da produtora Abada.

O xa netamente consolidado Certame de Música Folk Radio Obradoiro, no que cada ano pode obterse unha nidia radiografía do estado actual do folk non só na nosa comunidade senón tamén no resto do Estado, conta con importantes apoios para a súa celebración, como é o caso da Consellería de Cultura e Deporte, a Concellería de Cultura do Concello de Santiago, e os estudos discográficos Phonos.

Novidade discográfica

Por outra parte, os compoñentes do grupo Pradoiro, gañadores do certame no ano anterior, presentaron onte en sociedade cunha actuación no Teatro Principal o resultado do seu premio: Aliaxe, o disco que puideron gravar tras alzarse coa vitoria, e que acaba de saír ao mercado este mesmo mes de marzo. Composto por trece temas, o CD da formación de Teo é, segundo definiron os seus autores, unha mestizaxe de músicas, pero sempre dentro do folk.

Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 16-03-2008 23:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 se llaman pradairo #blgtk08#PRADAIROOOOOOOOOOOO
Comentario por PRADAIRO (13-05-2008 11:25)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0