Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Cuarteto Caramuxo gaña o Festival Folk Cancioneiros
O Cuarteto Caramuxo, de Salvaterra de Miño, é a formación gañadora do concurso Festival Folk Cancioneiros da Fundación Pedro Barrié de la Maza.

Este certame tiña como obxectivo fomentar entre os grupos folk afeccionados o interese polo repertorio de temas como o do Cancionero galego, de Torner e Bal e Gai, e o Cancionero musical de Galicia, de Casto Sampedro e Folgar, recentemente reeditados pola Fundación. De feito, todos os participantes ofreceron os seus recitais, en polo menos un 25% do seu repertorio, temas recollidos nestes dous cancioneiros.

O fallo do xurado foi por unanimidade, tras os recitais dos grupos preseleccionados, seis do sur de Galicia e catro do norte.
O xurado valorou a orixinalidade da proposta do Cuarteto Caramuxo, a súa coidada posta en escena e a calidade no tratamento dos temas procedentes do Cancionero galego e o Cancionero musical de Galicia que foron interpretados no recital ofrecido o pasado 5 de marzo en Vigo.

Concerto na Coruña

A formación salvaterrá recibirá un premio consistente en 6.000 euros, a gravación dun disco que será editado pola Fundación Pedro Barrié e a participación nun concerto final do festival, que terá lugar o próximo 17 de maio na Coruña, no auditorio de Palexco, onde Caramuxo compartirá escenario coa consagrada formación de folk galega Milladoiro.

O xurado tamén propuxo á Fundación Pedro Barrié de la Maza facer unha mención especial, pola calidade que tiveron as súas propostas musicais, das formacións Covalblú (Sanxenxo, Pontevedra), Jacobo de Miguel & Pedro Lamas (Cambre, A Coruña) e Quenda Folk (Sada, A Coruña).
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 16-03-2008 23:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0