Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Presentación do novo disco de Uxía
O último traballo da cantante será presentado este sábado, pero xa adiantou esta mañá para os medios como foi o o seu proceso de creación.

Poderemos gozalo nun concerto no Auditorio de Galicia, no marco do ciclo Sons da Diversidade, organizado pola Concellaría de Cultura compostelá e Nordesía. Será este sábado 15, ás 21.00, pero a autora xa achegou parte do seu traballo, no propio Auditorio, na mañá deste mércores. Acompañárona o concelleiro Néstor Rego, o director xerente do Auditorio, Paulo Rodríguez, o compositor Paulo Borges, quen a axudou nos arranxos, e Quim Farinha, quen puxo o seu gran de area (ou máis ben, varios grans de area) no proxecto por medio das súas fotografías artísticas.

Néstor Rego lembrou como xa querían contar con Uxía para a primeira edición de Sons, pero ela mesma preferiu agardar a ter un proxecto rematado, coma este. "O concerto demostra que é posíbel organizarmos un ciclo de músicas do mundo, unha serie de concertos para a diversidade de linguas, de culturas e de países, e que Galiza estea presente. Uxía, pola súa banda, amosouse moi feliz de presentar Eterno navegar neste ciclo.

"É un disco moi elaborado", afirmou: "investimos nel moitos anos de traballo, de investigación. Dende que comecei a cantar, sempre foi un reto para min investigar na nosa tradición e á vez tender unha ponte no Atlántico, para enriquecer a nosa música coas cores e a vida desa nosa familia lusófona". Tamén quixo especificar que non se trata dun disco de xénero no sentido estrito: "non quixen facer un disco de fado ou de morna caboverdiana, senón fundir estes estilos con outros nosos, como o alalá, nun único perfume".

Sons da lusofonía

A colaboración con músicos da lusofonía e unha constante ao longo do disco, comezando polos arranxos de Paulo Borges, nun traballo onde Uxía quería reafirmarse como compositora. No tema "As nosas cores", tema central da curtametraxe Esquecidas, "un canto ás mulleres resistentes", colabora coa caboverdiana, lisboeta de adopción, Sara Tavares, que actuou na anterior edición de Sons da Diversidade.

Tamén recupera letras da lusofonía, como a do alentejano Paulo Abreu Lima no "Eterno navegar" que lle dá título ao disco, "Unha noite na eira do trigo", de Curros (coa música de José Castro 'Chané'), "Nalgures", de Marica Campo, ou "Eu en ti", de Celso Emilio Ferreiro. Tamén atopamos unha peza inspirada (e que conta coa participación) por Tito París, a colaboración de músicos galegos, como Fran Pérez e Pepe Sendón en "A Quimera", ou de Héctor Lorenzo en "Rumores de falúas", amais de pezas tradicionais como o Alalá de Muxía ou A lira (das Azores, con Zeca Medeiros).

O estudo gravouse entre Sintra (Portugal) e os estudios Casa de Tolos, en Gondomar, sempre coa axuda do pianista e compositor Paulo Borges, quen cualificou o traballo con Uxía de "aventura": "o máis difícil era saber que era o que quería Uxía, musicalmente, artisticamente, persoalmente. A mellor maneira de sabelo foi pasar este tempo con ela e coñecela. Doutro xeito non funcionaría: poderiamos ter o mellor estudio do mundo, pero sen a confianza, non sairía adiante o proxecto".

Máis alá da música

Amais de Paulo Borges, a artista colaborou coa faceta artística de Quim Farinha, violinista de Berrogüetto: da súa autoría son as orixinais fotos que ilustran a coidada edición do disco: recolleu a esencia do Atlántico con cunhas, areas e outros elementos da natureza: "Eu en ti" aparece escrito con area na lagoa do Ancoradoiro, "As nosas cores", con pétalos de flores...

No concerto do sábado poderemos mergullarnos no Atlántico que Uxía recolle no seu Eterno navegar da man da súa voz e de varias colaboracións: Manecas Costa, Xacobe Martínez, Tito París, Santiago Cribeiro, Anxo Pintos ou mesmo Pulpinho Viascón co seu serrucho arrouparán á cantante nesa gran noite. Amais, a partir do día 15 comezará a funcionar tamén a web uxia.net.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-03-2008 00:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0