Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Nova Escola Municipal de Música Tradicional e Folc en Vigo |
|
A concelleira de Educación do concello de Vigo, presentou oficialmente o xoves pasado no Auditorio do edificio do antigo Reitorado o proxecto de Escola Municipal de Música Tradicional e Folk (e-Trad).
Ao comezo do acto, os alumnos de Artes e Oficios reclamaron o inicio das clases, portando unha grande faixa.
O proxecto educativo e curricular desta nova Escola foi aprobado tecnicamente na última Xunta de Goberno Local. Vén substituir ás ensinanzas que ata o curso 2006-2007 se viñan impartindo dentro do plan de estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios.
Coa aprobación técnica deuse continuidade ao proceso administrativo de contratación da súa xestión mediante a convocatoria dun concurso aberto do que sairá o adxudicatario que se fará cargo da súa implantación, xestión e desenvolvemento.
A presentación foi dirixida ao alumnado que cursaba estas ensinanzas na Escola de Artes e Oficios e que será integrado na nova institución educativa, así como ao alumnado seleccionado a finais do ano 2007 para o curso de iniciación.
Temporalmente a e-Trad terá a súa sede no edificio da Escola de Artes, mentres non se atope unha ubicación definitiva para as súas aulas e servizos.
A e-Trad será dirixida por Rodrigo Romaní, técnico e profesor de arpa céltica do que foi Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes. Este recoñecido músico, que dende o ano 1996 está contratado polo Concello de Vigo como docente e coordinador de ensinanza musical tradicional, foi o encargado da presentación do novo proxecto educativo e curricular diante do alumnado.
Esta nova Escola Municipal dependerá integramente do Servizo Municipal de Educación e compartirá administración xeral coas de Música e de Teatro.
O proxecto que se presenta significa un cambio substancial nas ensinanzas que ata o de agora se impartían na Escola de Artes, ao establecer un novo plan de estudios con dobre itinerario afeccionado e profesional e duplicar os recursos educativos e económicos que se viñan empregando ata o de agora.
E-Trad aumenta dous profesores (8), dúas especialidades (9), catro troncais (6), 65 horas lectivas (200), dous espazos educativos (6) e o seu orzamento a 221.000 euros. Incorpora seis optativas, os dous niveis de formación profesional e un director, ademáis de ofrecer contratos indefinidos aos profesores.
|
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
me gustaría colaborar convosco impartindo a docencia de frau#blgtk08#ta travesa ou linguaxe musical
¿cómo podo informarme? |
|
|
Comentario por adela vidal (21-05-2008 10:39) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|