Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Homenaxe ao mítico grupo lucense Os Montes
A Asociación Cultural Cántigas e Frores organiza o sábado día 1 de marzo ás 20:00 horas, no Salón Rexio do Circulo das Artes de Lugo, unha homenaxe ao mítico grupo lucense Os Montes.

Esta homenaxe enmarcase dentro das actividades organizadas por Cántigas e Frores co gallo do seu 60 aniversario e será un acto aberto ao público. O recoñecemento á laboura destes músicos, que durante décadas dignificaron a música tradicional, será a razón de ser deste encontro que contará coa presenza de Jaime Barreiro, Secundino Penado, Manuel R. Ferro e Manuel Redondo Piñeiro, todos eles membros de Os Montes e, auténticos protagonistas da xornada.

No transcurso da homenaxe representantes da Asociación Cultural Cántigas e Frores entregaranlles, aos excompoñentes de Os Montes, un agasallo conmemorativo como agradecemento ao seu traballo, co cal a cidade de Lugo puido presumir dun dos grupos de gaiteiros máis afamados do país. Durante o acto anunciarase a solicitude que, dende a Asociación Cultural Cántigas e Frores, se lle fixo ao Concello de Lugo para que unha rúa da cidade leve o nome de Os Montes.

Para rematar haberá unha actuación na que a Banda de Gaitas de Cántigas e Frores, o cuarteto Andaina (Lugo) e o cuarteto de gaitas de Cantigas e Frores interpretarán, entre outras, pezas do repertorio de Os Montes.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-02-2008 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer