Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Kiosko das almas perdidas
O 'Kiosco das almas perdidas' abre na Coruña.

A montaxe, dirixida polo coreógrafo catalán Roberto Oliván e con música en directo de Mercedes Peón, estará no Teatro Rosalía os días 29 de febreiro, e 1 e 2 de marzo.


O Centro Coreográfico Galego busca abrir a danza a novos públicos, captando novos espectadores a través de novas linguaxes escénicas que mesturan distintas disciplinas e que procuran a conexión co público máis novo. A obra é froito da residencia de Roberto Oliván durante tres meses en Galicia, e está coproducido por Laboral Escena de Xixón. Para levar a cabo este proxecto Oliván reuniuse con profesionais de distintas disciplinas, buscando a colaboración entre eles.

A proposta conta con profesionais como Mercedes Peón a cargo da música, o Mago Antón na asesoría máxica, Baltasar Patiño na iluminación, Muriel Felix na videocreación, Roberto Magro ‘Tober' na dramaturxia ou Fiumfoto na videocreación. Sobre o escenario once bailaríns de distintas nacionalidades dan vida a uns personaxes que viven no límite, espidos de formas e regras.

Kiosco das almas perdidas xirará nos vindeiros meses polo Teatro Central de Sevilla, o Laboral Escena de Xixón ou o Mercat de les Flors de Barcelona, dentro da programación do Festival Grec.

Presentación na Torre de Hércules
A presentación do espectáculo tivo lugar este martes nun acto que se desenvolveu nos exteriores da Torre de Hércules. Participaron a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo; Roberto Oliván, director do espectáculo; e Mercedes Peón autora e intérprete da música, que mesmo actuou en directo, acompañada de Xosé Lois Romero. Con este xesto, o Centro Coreográfico Galego quixo amosar o seu apoio á candidatura deste monumento como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Febreiro
29 de febreiro: Teatro Rosalía da Coruña (ESTREA)

Marzo
1 de marzo: Teatro Rosalía da Coruña
2 de marzo: Teatro Rosalía da Coruña
7 de marzo: Centro Cultural Caixanova de Vigo
8 de marzo: Centro Cultural Caixanova de Vigo
13 de marzo: Pazo da Cultura de Pontevedra
15 de marzo: Vilagarcía de Arousa
20 de marzo: Laboral Escena de Xixón
21 de marzo: Laboral Escena de Xixón
29 de marzo: Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela
30 de marzo: Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela

Abril
5 de abril: Auditorio Municipal de Narón
11 de abril: Teatro Manuel de Falla de Cádiz
18 de abril: Teatro Fortuny de Reus
19 de abril: Teatro Fortuny de Reus
25 de abril: Teatro Central de Sevilla
26 de abril: Teatro Central de Sevilla
30 de abril: Teatro Municipal Área Panorámica de Tui

Maio
6 de maio: Teatro Cánovas de Málaga
7 de maio: Teatro Cánovas de Málaga
10 de maio: Teatro Jofre de Ferrol
11 de maio: Teatro Jofre de Ferrol
16 de maio: Teatro Viriato de Viseu
17 de maio: Teatro Viriato de Viseu
23 de maio: Teatro Municipal Bergidum de Ponferrada

Xuño
6 de xuño: Teatro Principal de Ourense
7 de xuño: Teatro Principal de Ourense

Xullo
11 de xullo: Pazo da Cultura de Carballo
19 de xullo: Mercat de les Flors Festival Grec de Barcelona
20 de xullo: Mercat de les Flors Festival Grec de Barcelona

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-02-2008 08:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer