Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Acústico Feminino na Coruña
Acústico Feminino vai ter lugar no Teatro Principal de A Coruña, en celebración do día da muller traballadora.

Acústico Feminino recolle toda a simboloxía dese día nun espectáculo de tres propostas musicais cun total de 20 mulleres, arroupadas polo piano de Abe Rábade.

Leilía, na súa formación tradicional, comeza abrindo o espectáculo musical coa súa proposta achegada á cultura tradicional galega: a imaxe da muller tradicional, da terra, do sentimento.

Batuko Tabanka presentan a súa viaxe musical a Cabo Verde, a súa forza de muller emigrante e por riba muller de mariñeiro. Son as Leilía de Cabo Verde.

Nordestin@s pon a guinda musical final coas súas voces cheas de elegancia e coa tradición musical do norte. Están acompañadas pola delicadeza e calidade das notas de piano de Abe Rábade.

Lucía Aldao, presentadora e coruñesa desta noite de celebración, é a encargada de enlazar as tres propostas musicais e recordar en todo momento o por que desta noite musical en feminino.


O concerto está enmarcado no ciclo Música con Raíces, programación do Concello de A Coruña e Caixanova.

Acústico Feminino
Teatro Principal de A Coruña
mércores 5 de marzo 2008 - 21h


www.abada.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-03-2008 09:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0